Bolsas de formación práctica para titulados universitarios no ámbito das producións e mercados agrarios

Publicidade

Administración convocante: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Enlace axuda: https://www.boe.es/boe/dias/2015/05/08/pdfs/BOE-A-2015-5149.pdf

Prazo: Ata 29/05/2015

Resumo:

MAGRAMA acaba de publicar no BOE a orde pola que se convocan, para o exercicio 2015, bolsas de formación práctica para titulados universitarios, no ámbito das producións e mercados agrarios.

O Ministerio convoca un total de dez bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para titulados universitarios, no ámbito das producións e mercados agrarios, nas seguintes áreas de coñecemento (dúas bolsas en cada área):

a) Ordenación e fomento da produción gandeira.

b) Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de froitas e hortalizas, plantas vivas, aceite de oliva e vitivinicultura.

c) Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de cultivos herbáceos e industriais.

d)Medios de produción gandeiros.

e) Medios de produción agrícolas.

A contía destas bolsas será de 1.150 euros mensuais, cantidade á que se aplicarán os descontos e as retencións legais vixentes, incluídas as cotizacións á seguridade social, que correspondan.

O prazo de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *