A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Bisannia Pradeira Primavera: abonado eficaz e eficiente para as pradarías

Bisannia Pradeira Primavera: abonado eficaz e eficiente para as pradarías

A cooperativa Delagro promociona no mercado os seus fertilizantes Bisannia Pradera Primavera, con fórmulas á carta adaptadas ás necesidades de fertilización das pradarías de Galicia e da Cornixa Cantábrica.

Desde Delagro destacan que “ao elaborar fertilizantes adaptados ao que necesita cada parcela, estamos a realizar unha fertilización racional que repercute positivamente tanto no medioambiente como na economía dos agricultores”.

En concreto, desde a cooperativa destacan de Bisannia “a súa alta eficiencia do nitróxeno achegado, unha elevada solubilidade do fósforo, rápida asimilación de potasio e ademais está enriquecido con Calcio, Magnesio e Xofre”.

“Evitamos o sobrecusto de varias aplicacións para o mesmo cultivo e logramos aumentar o crecemento vexetativo da planta e o rendemento da pradaría”, destacan desde Delagro. “E todo iso garantindo unha alta solubilidade, fácil esparexemento e dosificación do fertilizante”, subliñan.

Por último, Delagro lembra que “os nutrientes que empregamos son da calidade máis alta do mercado e coa garantía de que o etiquetaxe se corresponde fielmente coa realidade do produto”.

Bisannia Primavera está dispoñible en sacos de 25 kg, pallets de 70 sacos, Bigbag de 600 kg ou a granel.

Para adquirilo pregunta na túa cooperativa ou chama ao 981 519 920

Máis información aquí

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *