A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Bisannia Maíz: O fertilizante específico para asegurar a colleita de millo forraxeiro

Bisannia Maíz: O fertilizante específico para asegurar a colleita de millo forraxeiro

A cooperativa Delagro dispón dun fertilizante específico para o cultivo de millo, Bisannia Maíz, unha eficaz combinación de nutrientes, que incorpora inhibidores de nitrificación, o que permite unha acción prolongada no chan.

Así, grazas á liberación lenta de nutrientes durante o ciclo completo do millo o cultivo dispón dos nutrientes necesarios durante todo o ciclo de desenvolvemento, o que se traduce nunha alta produtividade.

Ademais, diversos estudos e ensaios levados a cabo nos últimos anos demostraron que a utilización de inhibidores de nitrificación reduce as perdas de nitróxeno por volatilización e lavado.

Características:

-Combinación de nutrientes máis adecuada para o cultivo do millo.

-Liberación lenta.

-Dispoñibilidade de nitróxeno durante todo o ciclo.

-Aspecto uniforme, sen sustancias estrañas e alta solubilidade.

-Unha única aplicación para todo o ciclo produtivo.

Beneficios:

-Evita as perdas por volatilización de nitróxeno (até un 40% menos de perdas).

-Maior dispoñibilidade de nitróxeno e xofre durante o ciclo do cultivo.

-Diminúe as perdas por lavado das formas nitroxenadas (nitratos).

-Máxima eficacia, maximizando a súa rendibilidade.

-Fórmula respectuosa co medioambiente.

-Óptima combinación con xurro.

Aplicación:

– Unha única aplicación durante todo o ciclo do cultivo.

Presentación:

-Saco de 40 quilogramos.
-BigBag de 600 kg
-A granel

Máis información:

Chamando ao teléfono 981 519 920 ou enviando un correo a delagro@delagro.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *