Belén do Campo substitúe a Patricia Ulloa á fronte da Dirección Xeral de Gandería

Belén do Campo substitúe a Patricia Ulloa á fronte da Dirección Xeral de Gandería

Belén do Campo

O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Belén do Campo como nova directora Xeral de Gandería , Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, en substitución de Patricia Ulloa.

Así o anunciou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. Belén do Campo ocupou desde 2011 o posto de delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña. Entre 1989 e 2011 foi elixida deputada e senadora nas Cortes pola provincia da Coruña nas listas do Partido Popular.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información