A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

BCS Group deseña un tractor idóneo para cultivos en emparrados, como kiwi ou viña

O grupo italiano, que comercializa as marcas BCS, Ferrari e Pasquali, realizou unha xornada de demostración co modelo L80N no norte de Portugal nunha plantación de Kiwi Green Sun

BCS Group deseña un tractor idóneo para cultivos en emparrados, como kiwi ou viña

O modelo L80N caracterízase por ser reversible, o que permite cambiar o sentido do banco de conducción en 10 segundos.

O traballo con maquinaria en cultivos emparrados como os kiwis ou viñedos en parra, habituais nas Rías Baixas, presenta unhas complicacións específicas, pois á necesidade de maniobrabilidade e facilidade de xiro engádeselle a obriga dunha baixa altura. O grupo BCS deseñou un tractor pensado precisamente para traballar neste tipo de cultivos emparrados e noutros con similares necesidades, como froiteiras ou invernadoiros. É o modelo L80N, do que se ofrecen versións nas súas tres marcas: BCS, Ferrari e Pasquali.

O L80N, que ten unha mínima anchura e un capó máis baixo do habitual, preséntase coa posibilidade de dirección reversible, que engade máis versatilidade ao tractor, ou monodireccional. Tamén é posible elixir entre unha máquina articulada ou ríxida.

O modelo presenta un capó baixo, o que permite circular baixo emparrados.

O modelo presenta un capó baixo, o que permite circular baixo emparrados.

Para presentar a súa oferta para cultivos baixo emparrados, BCS Group desenvolveu este outono unha xornada de demostración nunha plantación da empresa Kiwi Green Sun, no norte de Portugal, unha zona que comparte co sur de Galicia unhas condicións ideais para o cultivo do kiwi.

Os emparrados de kiwi rondan normalmente 1,80 – 1,90 metros de altura e cando as plantas están cargadas de froita, a altura pode descender até 1,50 metros. Nesas condicións, e con rúas estreitas, o traballo con maquinaria complícase, pero o modelo L80N demostrouse eficaz nas probas. “É un tractor moi conseguido, baixo e cunha versión articulada que facilita as manobras nas liñas”, subliña Fernando Cordeiro, de Kiwi Green Sun.

BCS Group deseñou un tractor caracterizado pola maniobrabilidade e versatilidade, pensado para o traballo entre liñas.

BCS Group deseñou un tractor caracterizado pola maniobrabilidade e versatilidade, pensado para o traballo entre liñas.

“A máquina destaca por unha funcionalidade moi interesante, que é a posibilidade de cambiar o banco de condución de sentido, pois facilita numerosos traballos na plantación”, explica Fernando. “Por exemplo, é unha vantaxe cando se cargan e desprazan as caixas de froita. Tamén para traballos como a trituración de restos de poda. Se levas o triturador detrás, ao tratarse dun tractor baixo, é complicado circular por riba das ramas. É máis operativo cambiar o sentido do banco de condución e operar co triturador por diante”, sinala.

Como conclusión da xornada, Fernando incide en que o modelo L80 Narrow “é un tractor que recomendo para traballar en cultivos de kiwi ou noutros cultivos baixo emparrado, como viñas. Trátase ademais dun modelo económico”, apunta.

Principais características do modelo L80N

BCS group ap bcs

Motor Kohler Kdi 2504 TCR, turbo con 4 cilindros en liña e 2.482 centímetros cúbicos, que desenvolve unha potencia de 75,3 cabalos.

Cambio sincronizado de 32 velocidades (16 adiante e 16 atrás), divididas en catro gamas, cada unha delas con catro velocidades. O tractor permite seleccionar a relación velocidade – potencia máis axeitada ao traballo que se realice. Conta cun inversor sincronizado, que permite rápidos cambios de dirección, pasando da marcha cara adiante á marcha atrás e viceversa. Equipa tamén tracción constante nas catro rodas.

Toma de forza posterior e hidráulica independente do cambio e sincronizada co avance. É unha toma de 540/750 rpm e conta cunha capacidade de elevación de 2.300 kg.

Control electrónico de revolucións. A xestión electrónica do motor permite establecer e manter constantes as revolucións do motor, o que facilita un avance constante, revolucións constantes na toma de forza e caudal hidráulico constante. O cadro de mandos permite memorizar as revolucións, cun fácil cambio ao control con gas de pedal e ao retorno a revolucións memorizadas.

Reversibilidade. En 10 segundos, vírase 180 graos a plataforma de condución (asento, volante, cadro de mandos e pedais), o que permite traballar cos implementos frontalmente, aumentando a visión, precisión e comodidade para o condutor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *