Baixada do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola leve suba dos becerros de recría e a baixada do vacún maior. O porco cebado mantense sen cambios e soben os ovos

Baixada do vacún maior en Silleda

Novas corraletas para os becerros que se estrearon hoxe

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola lixeira suba nos prezos dos becerros de recría de cruce, e pola baixada do vacún maior. Nas mesas de cotizacións, o porco cebado mantense sen cambios, mentres que soben algunhas categorías de ovos.

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa mantéñense practicamente sen cambios. A excepción foi na categoría de menos de 20 días, onde a cotización media subiu ata os 139 euros por xato, fronte aos 132 do martes pasado. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos mantéñense sen cambios nunha media de 164 euros por xato. E os tenreiros de máis de 51 días quedan nun prezo medio de 191 euros.

A tendencia nos becerros de Cruzamento industrial foi irregular. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 343 euros, fronte aos 279 da última poxa. Nas femias baixou de 262 do pasado martes aos 221 desta xornada. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata unha media de 369 euros por animal, 30 máis que a pasada semana. Nas femias case non houbo cambios: 257 euros por animal, 1 máis que o martes pasado. Sen embargo, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos caeron claramente: 443 euros, fronte aos 473 do anterior mercado. Nas femias tamén houbo baixada: 350 euros de media por animal, fronte aos 373 da semana pasada.

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia despois de dúas semanas sen poxa foi a unha baixada de prezos, agás na categoría primeira. Deste xeito, quedaron en 1.097 euros de media en categoría primeira, 728 en segunda -a máis numerosa- e 460 na de desvelle. Hai dúas semanas as cotizacións foron de 1.061, 754 e 462 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_XUÑO_18_2

Sen cambios no porcino e suba nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos soben nas categorías XL, un 0,03 ata os 1,52 euros a ducia; e un 0,02 na L ata os 1,18 euros. Na M e na S non hai cambios e quedan en 1,04 e 0,89 euros a ducia, respectivamente. As galiñas de desvelle quedan nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter os prezos da pasada semana. Así as categorías Selecta e a Normal quedan en 1,250 e 1,225 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,591 euros por quilo. E na categoría de desvelle mantense o intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións baixaron esta semana 0,03 euros, ata unha media de 1,440 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á baixada ou á estabilidade de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 42 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 47 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_XUÑO_18_2

Alto volume de transaccións e novas corraletas para os becerros

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe o segundo mellor volume de transaccións da súa historia. Así, no conxunto das súas poxas esta mañá sumou 546.610€, situándose a súa mellor marca nos 553.851€ rexistrados o 26 de xuño de 2012. O feito de non celebrarse mercado de vacún maior nas dúas últimas semanas a consecuencia da Feira Semana Verde de Galicia levou a que hoxe a afluencia fose maior.

Por outra banda, a Central estreou hoxe corraletas para os becerros carniceiros. Estas suman no seu conxunto un maior número que as existentes anteriormente e en cada una delas redúcese o número de animais, albergando soamente tres becerros. Isto supón dúas vantaxes. Por un lado, un maior benestar animal e confortabilidade das instalacións. Por outro, os compradores poden ver mellor aos animais ao non estar tan xun

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información