Baixada do porcino en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia acorda unha baixada no porco cebado e nos leitóns por terceira semana consecutiva

Baixada do porcino en Silleda

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca acordou hoxe unha nova baixada dos prezos. É a terceira semana consecutiva na que os prezos do porcino caen, logo de que se reactivara de xeito telemático a mesa de prezos a petición do sector, tras estar parada inicialmente pola crise do coronavirus.

Esta semana, a baixada no porco cebado foi de 0,020 euros para os animais da categoría selecta e normal, que pasan a cotizarse a 1,485 e 1,460 euros o quilo, respectivamente. Mentres, na sección Canal II o prezo sitúase en 1,896 euros o quilo, logo dunha redución de 0,026 euros. Os animais de desvelle mantéñense sen cambios e cotízanse entre 0,84 e 0,9 euros o quilo.

Nos leitóns, o prezo caeu 3 euros e os animais procedentes dunha única granxa cotízanse agora a 71 euros mentres que os chegados de varias ganderías sitúanse nos 66 euros. O prezo do quilo é de 3,55 euros e 3,3 euros respectivamente.

Esta semana, a Lonxa de Madrid mantivo os prezos para o coello, que se sitúa en 1,95 euros o quilo.

Central-Agropecuaria-Galicia-Porcino-07_04_2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información