Baixada nos xatos de recría de rubia galega e nos cruces

As mesas de prezos celebradas no mercado de Amio mantiveron na sesión desta semana unha tendencia á estabilidade, só con leves baixas nos xatos de recría de rubia galega e nos cruces.

A mesa de prezos de Ternera Gallega decidiu por maioría dos votos dos vogais manter os prezos de todas as categorías e calidades igual que na sesión anterior. Na mesa de prezos de abasto, o gando de abasto e o vacún maior manteñen cotizacións, en tanto que en recría rexístranse baixadas de 5 euros nas categorías extra e boa de rubia galega e dos cruces.

No mercado de Amio do mércores, a asistencia foi de 2.302 reses, 110 máis que na anterior semana. Houbo 1.748 cabezas de vacún menor, 250 de vacún mediano e 268 de vacún grande.

Táboa de cotizacións das mesas de prezos de Amio – (20/5/2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información