Baixada do gando vacún en Silleda nunha poxa con maior afluencia

Os prezos dos becerros de recría experimentan unha baixada en Silleda, ao igual que o vacún maior, nun martes de maior afluencia de gando. Sen cambios no porcino e nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 10 de abril

Baixada do gando vacún en Silleda nunha poxa con maior afluencia

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola baixada nos prezos dos becerros de recría e do vacún maior. A xornada rexistrou unha maior afluencia de animais. Polo demais, mantense sen cambios o porco cebado, ao igual que os ovos e os leitóns.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa baixaron en case todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización quedou nos 112 euros por xato, 22 menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos caeron ata unha media de 145 euros por xato, 3 menos que o martes pasado. E nos tenreiros de máis de 51 días o prezo medio mantívose sen cambios nos 175 euros.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén a unha baixada, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 327 euros, 13 máis que a pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata unha media de 350 euros, fronte aos 365 euros do pasado martes. Nas femias tamén se notou a caída: unha cotización media de 235 euros por animal, 21 menos que o pasado martes. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos mantivéronse nunha media de 417 euros por animal. Nas femias, sen embargo, caeron os prezos ata unha media de 323 euros, dez menos que o pasado martes.

Baixada no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi tamén a unha caída de prezos na categoría segunda e na de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.084 euros de media en categoría primeira, 725 en segunda -a máis numerosa- e 464 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.063, 737 e 490 euros, respectivamente.

SILLEDA_abril_18_2_vacun

Sen cambios no porcino e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter de novo as cotizacións da pasada semana. Así a XL quedou nos 1,74 euros a ducia; a L pagouse a 1,67 euros e a M e a S cotizaron a 1,55 e 1,22 euros a ducia, respectivamente.

As galiñas de desvelle mantéñense nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello tamén segue sen cambios nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Para o desvelle tamén manter as cotizacións nun intervalo de prezos de entre 0,68 e 0,74 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado mantívose sen cambios nos 1,450 euros o quilo. No resto da Unión Europea a tendencia foi á estabilidade ou á baixada de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana, quedando nos 58 euros os procedentes de varias explotacións e nos 63 euros os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información