Baixada do gando de recría en Amio

A Mesa de Prezos de gando de abasto, que se reúne cada semana en Amio, acordou unha baixada de 10 euros en todas as razas, categorías e calidades do gando de recría. En canto ós becerros de abasto, destinados ó sacrificio, e ó vacún maior, mantéñense os prezos da anterior sesión, se ben no vacún maior observouse no mercado lentitude nos tratos e tendencia á baixa dos prezos.

Na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, tamén houbo maioría de votos para manter os valores da pasada semana en todas as categorías e calidades de carne.

A asistencia de gando á feira desta semana foi de 2.498 reses, 371 máis que a pasada semana. Houbo 1.949 cabezas de vacún menor (314 máis), 275 de vacún mediano e 259 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (12-VII-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información