Baixada en Ternera Gallega e nos becerros de abasto en Amio

Baixada en Ternera Gallega e nos becerros de abasto en Amio

O vacún mediano experimentou unha baixada xeralizada esta semana no Mercado de Gando de Amio (Santiago). A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou baixar 0,04 euros os prezos de tódalas canais da categoría Suprema e 0,02 euros a categoría Ternera.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto tamén se decidiu baixar 0,05 euros todo o gando para sacrificio de ata 180 quilos. As canais cun peso comprendido entre 180 e 220 quilos experimentaron a mesma baixada, a excepción das clasificacións S e O, que manteñen os prezos da semana anterior.

No vacún maior e no gando de recría repetíronse as cotizacións da pasada semana para tódolos tipos e calidades.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.044 reses, 23 menos que a pasada semana. Houbo 1.644 cabezas de vacún menor, 29 menos que na sesión anterior, 190 de vacún mediano, 4 menos que na feira pasada, e 203 de vacún grande, 15 reses máis que na sesión do pasado mércores 12 de febreiro.

Máis información

– Táboa completa das cotizacións de Amio (19-II-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información