Baixada dos prezos gando vacún en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola baixada dos prezos do gando vacún, aínda que con excepcións. Soben os ovos e os leitóns e baixa o porco cebado

Baixada dos prezos gando vacún en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola baixada dos prezos do gando vacún, aínda que con excepcións. Nas mesas de prezos baixan os do porco cebado, soben os dos leitóns e tamén algunhas categorías de ovos.

En concreto, en gando vacún os becerros de raza Frisoa baixaron en dúas das tres categorías. Así, na de menos de 20 días a cotización media caeu ata os 87 euros por xato, 9 menos que na poxa da pasada semana. Pola contra, na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, subiron os prezos ata os 129 euros por xato, 7 máis que o pasado martes. Sen embargo, nos tenreiros de máis de 51 días a cotización descendeu ata un prezo medio de 135 euros, fronte aos 148 da última poxa.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral foi a unha baixada de prezos, pero tamén con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos caeron ata os 282 euros, 7 menos que o pasado martes, mentres que as femias baixaron de 187 a pasada semana a 164 euros. Porén, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata unha media de 337 euros por animal, 38 máis que a pasada semana. Pola contra, nas femias houbo baixada: de 221 a 207 euros. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos baixaron ata os 341 euros, fronte aos 371 do anterior mercado. Nas femias os prezos tamén caeron: 250 euros fronte aos 298 do pasado martes.

En canto aos becerros carniceiros de cruce industrial, a raza máis representativa do mercado de Silleda, esta semana subiron as cotizacións, aínda que a afluencia foi notablemente menor. Acadouse unha media de 890 euros nos machos e 752 euros nas femias, fronte aos 758 e 711 euros, respectivamente, da pasada semana.

Polo que respecta ao vacún maior, baixaron os prezos, agás na categoría de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.079 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 454 na de desvelle. O pasado martes as cotizacións foron de 1.121, 732 e 444 euros, respectivamente.

COTIZACIONS_SILLEDA_19_09_3_vacun

Baixada no porco cebado, suba nos leitóns e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos soben 0,02 euros na categoría XL e 0,01 na L ata quedar 1,63 e 1,20 euros a ducia, respectivamente. Pola contra, as categorías M e S quedan sen cambios nos 0,95 e 0,81 euros a ducia.

Na Lonxa de Madrid  o coello tamén se mantén nos 1,90 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou baixar de novo os prezos: un 0,03 nas categorías Selecta e a Normal, de forma que o quilo queda en 1,220 e 1,195 euros , respectivamente; a Canle baixa 0,039 euros e queda en 1,552 euros por quilo. E na categoría de desvelle a baixada é de 0,02 euros, quedando o intervalo entre 0,59 e 0,65 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións baixaron 0,07 euros esta semana, quedando nunha media de 1,480 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á baixa ou á estabilidade de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións 1 euros, quedando nos 32 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 37 euros os procedentes dunha única explotación.

COTIZACIONS_SILLEDA_19_09_3_porciono

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información