Baixada dos becerros frisóns no Mercado de Amio

Baixada dos becerros frisóns no Mercado de Amio

Vista do mercado de gando de Amio.

O Mercado de Gando de Amio (Santiago) rexistrou este mércores unha baixada dos prezos dos becerros frisóns. En concreto a mesa de prezos do gando de abasto decidiu unha redución dos prezos de 5 euros para os animais de recría descostrados e lactantes desta raza.

No resto de gando de recría mantivéronse as cotizacións da semana pasada. O mesmo aconteceu no vacún maior de abasto e no mediano para sacrificar. Porén, aínda que ambos tipos repiten os prezos da sesión anterior, os vogais coinciden en sinalar unha tendencia á baixa deste último.

Tampouco houbo variacións esta semana nas cotizacións de ningunha das categorías da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

En canto á asistencia de gando, nesta sesión contabilizáronse 2.632 reses, 697 máis que o pasado mércores día 11. Houbo 2.191 cabezas de vacún menor (659 máis que na feira anterior), 280 de vacún mediano (57 máis que hai unha semana) e 161 de vacún grande (3 menos que na sesión pasada).

Ante a coincidencia das celebracións do Nadal, o próximo mércores día 25 non haberá mercado de gando. A vindeira cita será o luns 30 logo de que se acordara esta data para evitar tamén a festividade do mércores 1 de xaneiro.

Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (18-XII-2019)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información