Baixada dos becerros de recría e suba do vacún maior Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba de prezos do vacún maior e a baixada dos becerros de recría. Forte suba dos bacoriños e sen cambios no porco cebado e nos ovos

Baixada dos becerros de recría e suba do vacún maior Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba de prezos do vacún maior e a baixada dos becerros de recría. Forte suba dos bacoriños e sen cambios no porco cebado e nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa a baixada produciuse por segunda semana consecutiva en todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo medio foi de 94 euros por xato, fronte ós 110 da semana pasada. Na categoría de menos de 20 días a media foi de 72 euros por animal, 11 menos que o pasado martes E nos becerros de máis de 50 días acadáronse os 123 euros de media por animal, 10 menos ca na anterior sesión.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi tamén á baixa de prezos en case todas as categorías. Así, os xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse nos 332 euros, 10 menos ca na sesión pasada. Nas femias a caída media foi de 16 euros, ata os 212 euros por animal. A excepción foron os xatos máis novos, con menos de 20 días, onde o prezo medio nos machos foi de 298 euros, fronte ós 285 euros que se pagaron a semana pasada. Nas femias, pola contra, baixou o prezo ata os 188 euros fronte aos 212 do martes pasado. En canto aos becerros de máis de 50 días, os machos baixaron de prezo ata situarse nunha media de 406 euros por animal, fronte aos 419 da sesión anterior. Pola contra, as femias revalorizáronse ata unha media de 438 euros por becerra, fronte aos 326 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha lixeira caída do prezo, quedando nos machos nunha media de 794 euros por animal, fronte aos 796 da lonxa pasada. As femias, sen embargo, subiron ata os 709 euros de media, fronte ós 702 que rexistraron a semana pasada.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi tamén á alza en todas as categorías. Na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios hoxe foron de 729 euros por animal, fronte aos 723 da semana pasada. Nas vacas de primeira a media foi de 1130 euros, por riba dos 1069 euros do pasado martes. O desvelle tamén subiu quedando nun prezo medio de 438 euros por animal, 12 máis ca semana anterior.

silleda_vacun_18_11_5

Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns

En canto ó porco cebado, mantivéronse os prezos estables en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedaron nos 1,070 e en 1,045 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo mantense en 1,357 euros o kilo, mentres, a categoría de desvelle permanece tamén sen cambios nun intervalo de entre 0,52 e 0,58 euros o quilo.
As cotizacións en Alemaña, que é o referente para os prezos de porcino na Unión Europea, o valor medio mantense sen cambios e sitúase unha semana máis nos 1,360 euros por quilo.

Polo que respecta ao leitón, sobe 3 euros o prezo do bacoriño medio de 20 kilos e queda nos 44 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 49 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,20 e 2,45 euros respectivamente.

No referido ós ovos non houbo variacións: as categorías XL e L mantéñense sen cambios nos 1,68 euros e nos 1,26 euros a ducia, respectivamente. A M segue nos 1,14 euros e a S nos 0,92 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de entre 0,16 e 0,23 euros o quilo.

En canto ao coello, a cotización mantense tamén sen cambios na Lonxa de Madrid e queda nos 2,30 euros o quilo.

silleda_porcino_18_11_5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información