Baixada dos becerros de recría de cruce e suba dos Frisóns en Silleda

Os becerros de recría de Frisón e o vacún maior experimentaron unha leve suba este martes en Silleda, mentres que baixaron os de recría de cruce. Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 12 de decembro

Baixada dos becerros de recría de cruce e suba dos Frisóns en Silleda

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría de raza Frisona, así como do vacún maior, mentres que os becerros de recría de Cruzamento baixaron. Ovos, bacoriños e porco cebado permanecen sen cambios e baixa o coello.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á alza. A excepción foi a categoría de menos de 20 días, onde a cotización baixou ata os 104 euros por xato, tres menos que na poxa do pasado martes. Pero na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron levemente ata unha media de 137 euros por xato, dous máis que a pasada semana. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu máis claramente ata os 161 euros de media, fronte aos 147 do pasado martes.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias caeron nos machos ata os 287 euros, fronte aos 339 da pasada poxa. Nas femias, tamén caeron os prezos ata unha media de 213 euros, fronte aos 231 da pasada semana. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 380 euros de media, vinte menos que o pasado martes. Nas femias tamén houbo baixada: pagáronse a 239 euros de media, fronte aos 258 do pasado martes.

Por último, nos xatos de máis de 51 días os prezos baixaron nos machos ata unha media de 404 euros por animal, fronte aos 441 euros de media da última poxa. Pola contra, as femias subiron ata unha media de 328 euros, fronte aos 269 da pasada semana.

Suba do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha suba en todas as categorías. Deste xeito, quedaron en 1.090 euros de media en categoría primeira, 733 en segunda -a máis numerosa- e 474 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.084, 721 e 448 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_decembrO_17_2 copia

Sen cambios en porcino e nos ovos e baixada no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana. Así, nas categorías XL e S, que quedaron en 1,87 e 1,39 euros a ducia, respectivamente. Nas categorías L e M acordouse quedou a ducia en 1,81 e 1,71 euros, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid  o coello baixou por segunda semana consecutiva 0,15 euros, quedando en 1,75 euros o quilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado permaneceu estable nos 1,450 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á estabilidade ou a lixeiras baixadas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información