Baixada do vacún e estabilidade do porcino en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse baixar o prezo dos leitóns e subir o prezo dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 19 de xullo

Baixada do vacún e estabilidade do porcino en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola baixada nos prezos do gando vacún, especialmente nos xatos de recría de Frisona, aínda que con excepcións nalgunhas categorías.

Así, en Frisoa os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 112 euros, fronte aos 119 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 124 euros por xato, dezaseis menos que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén baixaron ata os 147 euros, fronte aos 162 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral á baixa foi algo menor. Na categoría de menos de 20 días, os prezos medios subiron e foron de 256 euros fronte aos 252 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata os 282 euros, fronte aos 310 da última poxa, e nas femias caeu ata os 217 euros, despois de acadar os 227 o pasado martes. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 436, fronte aos 410 euros da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi tamén a unha lixeira baixada. Deste xeito, quedaron en 1.063 euros de media en categoría primeira, 703 en segunda -a máis numerosa- e 424 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.030 , 712 e 425 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun_XULLO_19_2

Ovos e coello á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir as cotizacións para todas as categorías un 0,02%. Así, a L e a M quedaron en 1,14 e 1,10 euros a ducia, respectivamente. A XL e a S tamén subiron ata os 1,23 e 0,94 euros a ducia, respectivamente.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, as cotizacións subiron un 0,15% ata os 1,65 euros o kilo.

Baixada dos leitóns e estabilidade no porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos da pasada semana. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,355 e 1,330 euros por quilo, respectivamente; para a Canle II acordouse un prezo de 1,727 euros por quilo. E na categoría de desvelle o intervalo de prezos quedou entre 0,68 e 0,74 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, tamén se mantiveron os prezos sen cambios, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia xeral a unha pequena suba ou á estabilidade das cotizacións.

En canto aos leitóns, despois de varias semanas de subas, acordouse baixar cotizacións un 2% con respecto á semana pasada. Deste xeito quedaron nos 39 euros os procedentes de varias explotacións e nos 44 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_PORCINO_XULLO_19_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información