Baixa a recollida de envases de fitosanitarios e fertilizantes en Galicia

Publicidade
Baixa a recollida de envases de fitosanitarios e fertilizantes en Galicia

Galicia foi unha das poucas Comunidades Autónomas nas que descendeu en 2018 a recollida de envases de fertilizantes e de produtos fitosanitarios. Así se recolle na memoria do Sistema de Recollida de Envases Agrarios (SIGFITO), a entidade que se encarga en España de realizar a recollida e correcto tratamento destes envases, pois pola contra suporían un perigo de contaminación para o medioambiente.

O pasado ano, grazas ao compromiso dos agricultores e gandeiros españois, alcanzouse unha cifra récord de recollida, xa que SIGFITO xestionou correctamente 4.150 toneladas de residuos de envases, das 7.342 que se comercializaron durante 2018, o que supón un 56,5% de recollida, 5 puntos porcentuais máis que o ano anterior, que se rexistraron 51,5%.  Estas cifras comparadas co recolleito en 2017 (3.834 toneladas), indican un incremento dun 8% máis que ao ano anterior. De todos os envases recolleitos valorizouse o 100% dos residuos, reciclándose o 96,4 % fundamentalmente do plástico ríxido e  valorizándose enerxéticamente o 3,5% do papel cartón.

Porén, Galicia foi das poucas Comunidades nas que descendeu a recollida destes envases, ao recoller 47.807 quilogramos, un 1,09% menos que os 48.336 quilogramos de envases de fertilizantes e fitosanitarios recollidos correctamente en 2017. Por provincias, soamente a de Ourense rexistrou unha evolución positiva.

Evolución da recollida de SIGFITO en Galicia:

SIGFITO recollida

Puntos de recollida dos envases

O Sistema Integrado de Xestión de envases baleiros de agrarios baséase en unha rede de centros, denominados «Puntos de recollida». Os puntos, na súa maioría, son cooperativas agrarias ou distribuidores de insumos agrícolas aos cales o consumidor pode levar os seus envases, e así cumprir as súas obrigas en xestión ambiental.

Consulta aquí o teu punto de recollida máis próximo

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información