Baixa o prezo do gando vacún e sobe o dos leitóns en Silleda

Soben os becerros de recría de menos de 20 días. Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 27 de decembro

Baixa o prezo do gando vacún e sobe o dos leitóns en Silleda

Mercado de gando de Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola baixada dos prezos do gando vacún, tanto dos becerros de recría, como do vacún maior, agás na categoría de becerros de recría de menos de 20 días, na que subiron os prezos. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado e a dos ovos, e subir unha semana máis a dos leitóns. A carne de coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid nos 1,70 euros o kilo.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi a unha leve baixada dos prezos. A excepción foi a categoría dos de menos de 20 días, onde a cotización media foi de 87 euros, dous máis que a pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media baixou ata 109 euros por xato, dous menos que o pasado martes. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, a caída dos prezos foi maior, ata situarse os xatos nunha media de 135 euros fronte aos 147 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana tamén foron á baixa, pero con expecións. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron ata os 306 euros, fronte aos 275 da pasada semana. Porén, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 344 euros, fronte aos 356 da última poxa. Nas femias tamén houbo baixada de prezos: 227 euros de media, fronte aos 2610 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio baixou ata os 382 euros, fronte aos 436 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi tamén á baixa. Deste xeito, quedaron en 1.073 euros de media en categoría primeira, 687 en segunda -a máis numerosa- e 435 na de desvelle, a única que subiu. A pasada semana as cotizacións foron de 1.079, 710 e 407 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_27_12_16_vacun

Ovos e coello sen cambios
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis manter prezos en todas as categorías. Así, na XL quedou a ducia nos 1,45 euros, na L en 1,41, en 1,33 na M e en 1,10 euros na S.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos nos 1,70 euros o kilo.

Estabilidade no porco cebado e suba nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo. Na categoría de desvelle mantense o intervalo de prezos entre 0,76 e 0,82 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións baixaron de novo esta semana, un 0,08% ata os 1,480 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi máis irregular, con países á baixa, pero tamén á alza -caso de Italia ou Holanda- ou sen cambios.

En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións unha semana máis, desta vez un 2%, quedando nos 49 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 54 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_27_12_16_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información