Baixa o gando de recría frisón e soben os becerros de cruce en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra unha baixada na recría frisoa e unha lixeira recuperación dos cruces industriais. A tendencia no vacún maior e nos becerros carniceiros foi á baixa. Tamén baixa o porco cebado mentres os leitóns e os ovos se manteñen sen cambios e sobe a carne de coello

Baixa o gando de recría frisón e soben os becerros de cruce en Silleda

Gando na Central Agropecuaria de Galicia.

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha baixada xeral nos becerros de recría de raza Frisoa mentres que nos cruces industriais a tendencia foi á alza. Nos becerros carniceiros tamén caeron os prezos ó igual que no vacún maior onde se apreciaron baixadas nas cotizacións.

No porcino, as mesas de cotización acordaron unha baixada dos prezos para o porco cebado mentres os bacoriños se manteñen sen cambios así como os ovos. Esta semana na Lonxa de Madrid acordouse unha suba para a carne de coello.

En canto ós becerros de recría, os animais de raza Frisoa experimentaron unha caída dos prezos en case tódalas categorías. Nos becerros máis novos, os de menos de 20 días, a baixada foi de 18 euros e cotizáronse a 68 euros. Nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, a redución foi de 14 euros e situáronse nos 95 euros de media. Mentres, nas femias desta sección a baixada foi de 25 euros, para situarse nun prezo medio de 10 euros por animal. Nos becerros de máis idade, con máis de 50 días, o prezo dos machos foi de 97 euros, 53 euros menos que na sesión anterior. As femias desta categoría cotizáronse a 92 euros e foi a única sección que rexistrou un incremento do prezo, de 9 euros, con respecto do mercado pasado.

Na recría de cruces industriais a tendencia foi á alza en boa parte das categorías. Os animais de menos de 20 días incrementaron o prezo en 41 euros e acadaron os 300 euros. Nas femias houbo unha baixada de 7 euros para situarse nun prezo medio de 202 euros. Os becerros de entre 20 e 50 días, experimentaron unha baixada de 25 euros e cotizáronse a 298 euros. O prezo das femias tamén se reduciu, neste caso en 11 euros e acadaron os 216 euros. Namentres, nos becerros de máis de 50 días houbo unha suba de 70 euros para os machos e de 28 para as femias, polo que se situaron nos 382 e os 322 euros, respectivamente.

Esta xornada, nos becerros carniceiros a tendencia foi tamén á baixa. Nos animais de raza Frisoa a redución foi de 114 euros para situarse nos 497 euros. Nos animais de cruces industriais, a categoría máis numerosa, os machos situáronse nos 858 euros, 73 euros menos que na feira pasada, e as femias en 848 euros, logo dunha suba de 71 euros.

No gando maior, as vacas de primeira categoría cotizáronse a 1.061 euros de media, logo dunha baixada de 14 euros. Nas vacas de segunda, o prezo foi de 715 euros, 1 euro menos que na sesión anterior. Os animais de desvelle foron os únicos nos que se incrementou o prezo, cunha suba de 20 euros para acadar os 465 euros.

Central-Agropecuaria-de-Galicia-01_10_2019-Vacun-

Baixada no porcino e sube o coello

No referido ás mesas de cotizacións do porcino, esta semana acordaron unha baixada do porco cebado que oscilou entre os 0,01 e os 0,013 euros por quilo dependendo da categoría. Así, no caso do porco cebado selecto e normal a baixada foi de 0,01 euros e o prezo quedou en 1,485 e 1,460 euros o quilo respectivamente. A categoría de Canle II foi a que rexistrou unha maior redución, de 0,013 euros, e pasa a cotizarse a 1,896 euros o quilo. Nos animais de desvelle mantívose o prezo entre os 0,73 e os 0,79 euros.

Nos leitóns tampouco houbo cambios. Así, o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 58 euros e para os animais chegados de varias ganderías o prezo sitúase nos 53 euros. O prezo por quilo é de 2,9 e 2,65 euros respectivamente.

En canto ós ovos mantivéronse os prezos en tódalas categorías. Así, a ducia de ovos de XL cotízase a 1,43 euros; os da L sitúanse en 1,25 euros, os da M están nos 1,10 euros a ducia, mentres que a S atópase en 0,90 euros. O prezo da galiña de desvelle continúa sen cambios nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo.

E no relativo ó prezo do coello, a Lonxa de Madrid acordou unha suba 0,20 euros e o quilo pasa a cotizarse a 2,30 euros.

Central-Agropecuaria-de-Galicia-01_10_2019-Porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información