Axudas para proxectos dos grupos operativos de innovación

Medio Rural destina 2,8 millóns de euros a financiar iniciativas no periodo 2018-2020

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180116/AnuncioG0426-201217-0004_gl.html

Prazo: Ata 16/02/2018

Resumo:

A Consellería do Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde que establece as bases das axudas dirixidas ós grupos operativos inscritos na Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas. O prazo de solicitudes está aberto ata o 16 de febreiro. A coantía total das subvencións será de 2,8 millóns de euros no periodo 2018-2020.

As actividades prioritarias dos grupos operativos que se financiarán serán as seguintes:
– Xestión sustentable de recursos naturais: sistemas de produción agro-silvopastorais, programas de sanidade vexetal ou animal, xestión de recursos hídricos agrícolas,

– Sistemas agrarios de produción: aumento da sustentabilidade dos sistemas de produción, tecnoloxías de baixo uso de pesticidas e fertilizantes químicos, etc.

– Cadea alimentaria: tecnoloxías para asegurar a calidade e seguridade na cadea, medida da pegada de carbono.

– Outros. Proxectos ligados á bioeconomía, novas tecnoloxías, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *