Axudas para produtores inscritos nas DO´s e IXP´s

Poderán beneficiarse os produtores inscritos nos diferentes consellos reguladores das denominacións de orixe, indicacións xeográficas e da agricultura ecolóxica

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e o do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150527/AnuncioG0165-190515-0003_gl.html

Prazo: Ata 28/06/2015

Resumo:

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 800.000 euros a axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vende publicar unha Orde da Consellería pola que se convocan estas axudas para o 2015.

O importe destas axudas, cofinanciadas con fondos da Unión Europea, a través do Feader, cunha participación do 75%, poderá incrementarse con remanentes adicionais, de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Poderán beneficiarse delas os produtores que participan nalgún dos programas de calidade diferenciada destes produtos definidos e recollidos no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, de acordo co Regulamento CE relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Nestes programas inclúense as diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas así como a produción ecolóxica.

Serán subvencionables os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun destes programas, incluíndo, se é o caso, os correspondentes a rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. A contía da axuda poderá chegar ata o 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *