Axudas para prevención de incendios en comunidades de montes e Sofor

Publicidade
Axudas para prevención de incendios en comunidades de montes e Sofor

Devasa nun monte. / Arquivo.

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190122/AnuncioG0426-211218-0008_gl.html

Prazo: Ata 22/02/2019

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas para prevención de lumes, dirixidas a comunidades de montes veciñais e a sociedades de fomento forestal (Sofor). As axudas oriéntanse a dúas liñas, unha de rozas de mato e outra de construción de puntos de auga. As subvencións, financiadas nun 75% por fondos europeos, serán de 4,5 millóns de euros no 2019.

A liña de roza de mato financiará o control selectivo do combustible en devasas, faixas auxiliares de pistas e rexenerados naturais. Para puntos de auga, apoiarase a creación de puntos cun mínimo de 30 metros cúbicos de auga e un máximo de 110 metros cúbicos.

Para facer a solicitude, a superficie forestal mínima por expediente en montes veciñais será de 100 hectáreas, en tanto en Sofor ou comunidades de montes en zonas de especial protección dos valores naturais, o territorio mínimo será de 50 hectáreas. Para presentar a petición, as comunidades solicitantes poderán concurrir en agrupación sempre que estean no mesmo concello ou en concellos limítrofes.

Non se poderán solicitar axudas para zonas incluídas en hábitats prioritarias ou con restos patrimoniais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

O prazo de solicitude é dun mes, a contar desde mañá mércores 23 de xaneiro. A Administración ten un prazo de 5 meses para resolver as solicitudes, en tanto o beneficiario, unha vez recibida a resolución aprobatoria, terá un prazo de catro meses para executar os traballos, rematando en calquera caso o prazo máximo o 31 de outubro do 2019.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información