Axudas para investimentos en explotacións de horta, patacas e froiteiras

Publicidade
Publicidade
Axudas para investimentos en explotacións de horta, patacas e froiteiras

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190730/AnuncioG0426-170719-0001_gl.html

Prazo: Ata 30/08/2019

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar axudas para o apoio ós investimentos nas explotacións agrícolas de horta, pataca e froiteiras. O presuposto total da convocatoria é dun millón de euros.

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos aqueles titulares de explotacións agrícolas que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agraria de Galicia (Reaga) e teñan unha orientación baseada en horticultura ao aire libre ou en invernadoiro, planta ornamental, cultivos leñosos (froiteiras) -con excepción de castiñeiros e nogueiras- e pataca.

Os investimentos subvencionables serán todos aqueles que impliquen unha mellora do rendemento ou da competitividade da explotación. Así, entraría dentro desta orde a reforma ou construción de instalacións, a compra de maquinaria, a compra de construcións agrarias en desuso, a plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola e a compra de terreos por un valor inferior ao 10% do custe subvencionable. Como investimento inmaterial, serán subvencionables os gastos como honorarios dos técnicos que elaboren proxectos de construción ou reforma, así coma licencias de software, entre outros.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *