Axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150123/AnuncioG0165-020115-0010_gl.html

Prazo: Ata 24/02/2015

Resumo:

A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 5 millóns de euros a axudas para a incorporación de mozos á actividade agraria, unhas subvencións cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as persoas que non figuran nin figurasen inscritos como titulares de explotacións agrarias no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, que se instalen nunha explotación agraria prioritaria e que teñan cumpridos os 18 anos -e ser menor de 40 anos de idade- no momento da solicitude de axuda.

Así mesmo, deberán acadar a condición de agricultor profesional, posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no intre da solicitude da axuda e instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA (Unidade de Traballo Agrario).

Tipo de axudas

A axuda á primeira instalación de agricultores mozos, dirixida a auxiliar gastos e investimentos derivados, poderá consistir nunha prima por explotación -cunha contía máxima de 20.000 euros-. Outra opción pode ser a bonificación de xuros -que poderá aplicarse sobre o xuro preferente na súa totalidade- por un importe non superior a 20.000 euros. Porén, ambas liñas non poderán superar os 48.000 euros nin o importe dos gastos e investimentos da instalación realizados.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de febreiro.

Podes consultar toda la información en este enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150123/AnuncioG0165-020115-0010_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *