Axudas para a forestación con piñeiros e frondosas caducifolias

As subvencións oriéntanse a superficies desarboradas, pero este ano, por primeira vez tamén se apoiará o cambio de uso de parcelas que teñan rebrotes de eucalipto

Publicidade
Axudas para a forestación con piñeiros e frondosas caducifolias

Administración convocante: Consellería do Medio Rural.

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191205/AnuncioG0426-251119-0003_gl.html

Prazo: Ata 07/01/2020

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar axudas para a forestación de terras non agrarias con coníferas e frondosas caducifolias. Os apoios diríxense a subvencionar a plantación en terreos desarborados, nos que non existisen árbores durante os últimos 5 anos e cunha fracción de cabida cuberta inferior ó 20%. Este ano, como novidade, tamén se permitirá o cambio de uso de parcelas que teñan rebrotes de eucalipto.

A convocatoria das axudas establece que se permitirá forestar con coníferas ou frondosas aqueles terreos ocupados por eucalipto cun diámetro inferior a 10 centímetros. Desde xeito, fomentarase o cambio de uso en parcelas de eucaliptos cortadas recentemente ou que fosen afectadas por incendios forestais e polo posterior rebrote da especie.

Do mesmo xeito, a Xunta tamén permitirá sustituír as superficies ocupadas por especies invasoras como a acacia negra, a mimosa ou a falsa acacia (‘Robinia pseudoacacia’) por plantacións de coníferas ou frondosas. En coníferas, apóianse 5 especies (piñeiro do país, insigne, silvestre, negro ou piñeiro de Oregón), en tanto en frondosas, fronte ás dez especies da convocatoria anterior, agora permítense un total de 21, cun máximo de tres especies simultáneas na mesma parcela.

As superficies mínimas de actuación serán de 1 hectárea en couto redondo no caso de propietarios particulares e de 3 hectáreas no caso das comunidades de montes veciñais. Este ano modifícase a superficie que se lle esixe ás sociedades de fomento forestal (Sofor) e ás agrupacións de propietarios, que terán que cumprir cun mínimo dunha hectárea nun máximo de 3 coutos redondos.

As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son os gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais, que incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, así como os de plantación propiamente dita e a zona de defensa fronte o lume. Tamén, as infraestruturas de acompañamento e obras complementarias. A Xunta destina un total de 8 millóns de euros para esta liña de axudas no 2020 e no 2021.

Una idea sobre “Axudas para a forestación con piñeiros e frondosas caducifolias

  1. VICTOR AIRA MORILLO

    Boas tardes. Poñome en contacto., para solicitar informacion das axudas para a plantacion de arbores nun terreo de aproximadamente duas hectáreas que encontrase actualmente en desuso tras sufrir un incendio, ocurrido fai dous anos, na parroquia de Chavaga.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información