Axudas para a contratación de persoas menores de 30 anos

Publicidade
Axudas para a contratación de persoas menores de 30 anos

Os apoios para a contratación no sector forestal, considerado estratéxico, son un 25% maiores.

Administración convocante: Consellería de Economía

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-021219-0001_gl.html

Prazo: Ata 30/09/2020

Resumo:

A Consellería de Economía vén de convocar subvencións para a contratación de persoas mozas menores de 30 anos que estean en situación de desemprego. Os apoios oriéntanse a promover a contratación indefinida ou a contratación temporal por un periodo mínimo de 12 meses.

En caso de contratación indefinida, o bono pola contratación dunha persoa menor de 30 anos en desemprego será de 6.000 euros, coantía que se reduce á metade se se trata dunha contratación temporal por 12 meses. En caso de sectores estratéxicos, entre os que figuran o forestal e o da madeira, a coantía pódese aumentar un 25% en ambos casos. A maiores, ofrécese outra liña de apoios para accións de formación das persoas contratadas por medio desta convocatoria.

O presuposto previsto para esta liña de axudas é de 2 millóns de euros. Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos as persoas empregadoras ou empresas, independentemente da forma xurídica que adopten (persoas autónomas, sociedades civís, etc.).

O prazo xeral para a presentación de solicitudes remata o 30 de setembro, pero aquelas contratacións que se teñan feito desde o 1 de outubro do 2019 ata o 7 de xaneiro do 2020 terán de prazo ata o 7 de marzo. As contratacións que se fagan a partir de hoxe teñen un prazo de dous meses para solicitar a subvención a partir do inicio da relación laboral. Cómpre ter en conta que as solicitudes atenderanse por orde de recepción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información