Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170612/AnuncioG0426-060617-0001_gl.pdf
Prazo:
Resumo:
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se anuncian os beneficiarios das axudas dirixidas a Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG). Son en total 71 entidades as que recibirán fondos públicos para cofinanciar os seus programas de prevención e control de enfermidades de animais. Estes programas deberán realizarse entre o 1 de marzo do 2017 e o 28 de febreiro do 2018.
As axudas, por un importe total de 2,1 millóns de euros, diríxense a apoiar os gastos derivados da contratación de servizos técnicos e veterinarios, así como a abonar os gastos derivados da compra de material ou de actividades de formación ós gandeiros.
Pódese consultar o listado completo de beneficiarios na resolución da Consellería do Medio Rural publicada no DOG.