Axudas PAC 2020: Listaxe de especies válidas para os barbeitos melíferos

Axudas PAC 2020: Listaxe de especies válidas para os barbeitos melíferos

Campo de nabos, especie que o FEGA non incluíu na listaxe

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar unha aclaración sobre a listaxe de especies válidas en barbeitos melíferos para podelos declarar como Superficie de Interese Ecolóxico (SIE) para cobrar as axudas do pago verde nesta campaña da PAC 2020.

A nova normativa europea permite aos Estados membros que opten por unha nova categoría de superficies de interese ecolóxico -ademais dos cultivos fixadores de nitróxeno e do barbeito- como son os barbeitos melíferos, co obxectivo de favorecer os insectos polinizadores, como as abellas, claves para a sustentabilidade da agricultura.

Neste sentido, o FEGA publica a listaxe de especies ricas en pole e néctar admitidas a nivel nacional, e que se ampliou con respecto á pasada campaña. As especies elixibles que computarán como exixibles para que o barbeito sexa considerado como un barbeito para plantas melíferas, son as seguintes:

· Vicia sativa (Familia Leguminosas) / Nome común: veza

· Vicia villosa (Familia Leguminosas) / Nome común: vezo velloso

· Onobrychis hispanica (Familia Leguminosas) / Nome común: pimpirigallo

· Onobrychis viciefolia (Familia Leguminosas) / Nome común: esparceta

· Ononis natrix (Familia Leguminosas) / Nome común: herba melera, atrapa moscas

· Melilotus officinalis (Familia Leguminosas) / Nome común: meliloto

· Lupinus angustifolius (Familia Leguminosas) / Nome común: altramuz azul ou altramuz

· Calendula arvensis (Familia Compostas) / Nome común: caléndula silvestre

· Chrysanthemum coronarium (Familia Compostas) / Nome común: ollo de boi

· Chrysantemum segetum (Familia Compostas) / Nome común: coroa de rei

· Chrysantemum macrotum (Familia Compostas) / Nome común: durieu

· Coriandrum sativum (Familia Umbelíferas) / Nome común: cilantro

· Brassica napus (Familia Brassica ou Crucíferas) / Nome común: colza

· Diplotaxis virgata (Familia Brassica ou Crucíferas) /Nome común: mostaza amarela

· Sinapis alba (Familia Brassica ou Crucíferas) / Nome común: mostaza branca

· Moricandia spp. (Familia Brassica ou Crucíferas) / Nome común: collejón

· Eruca sativa (Familia Brassica ou Crucíferas) / Nome común: oruga roqueta, mostacilla

· Silene vulgaris (Familia Cariofiláceas) / Nome común: colleja

· Silene dioica (Familia Cariofiláceas) / Nome común: silene vermella

· Salvia pratensis (Familia Lamiáceas) / Nome común: salvia dos prados

· Salvia verbenaca (Familia Lamiáceas) / Nome común: gallocresta, verbenaca

· Nepeta tuberosa (Familia Lamiáceas) / Nome común: nepeta, herba gateira

· Linum usitatissimum (Familia Lináceas) / Nome común: liño

· Linum perenne (Familia Lináceas) / Nome común: liño azulado

· Asphodelus spp. (Familia Liliáceas) / Nome común: gamón, gamonito

· Sanguisorba minor (Familia Rosáceas) / Nome común: pimpinela menor, sanguinaria

· Foeniculum vulgare (Familia Apiáceas) / Nome común: fiuncho ou fiollo

Chama a atención que non se inclúa a Brassica rapa var. Rapifera , ou nabo, estendida como abono verde de inverno en Galicia.

Porén, segundo o FEGA a lista de especies elixiles poderá ampliarse a decisión do organismo xestor da Comunidade Autónoma, con outras especies melíferas adicionais para ter en conta as súas condicións particulares, que sexan autóctonas ou especies locais, sempre tendo en conta unha correcta selección en aras de fomentar aquelas especies propias do lugar, e que ademais de ter unha eficacia polinizadora, puidesen ser adxuvantes no control de malas herbas e pragas, evitándose en todo caso, aquelas de difícil control, ou que puidesen ser reservorios de axentes prexudiciais, e en particular as exóticas recoñecidas como invasoras.

En calquera caso, e á luz dos estudos científicos que se están levando a cabo por diferentes Organismos, sobre os posibles efectos prexudiciais para a saúde humana dalgunhas sustancias, como os alcaloides de pirrolizidina (PAs), non poderán ser especies elixibles, calquera dos xéneros: Borago spp., Echium spp., Heliotropum spp., e Senecio spp.

Queda permitida a presenza doutras especies de carácter herbáceo, distinta das elixibles, cando estas últimas sexan predominantes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información