Axudas PAC 2019: Listaxe de especies válidas para os barbeitos melíferos

Axudas PAC 2019: Listaxe de especies válidas para os barbeitos melíferos

Campo de cultivo de colza no CIAM.

Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar unha aclaración sobre a listaxe de especies válidas en barbeitos melíferos para podelos declarar como Superficie de Interese Ecolóxico (SIE) para cobrar as axudas do pago verde nesta campaña da PAC 2019.

A nova normativa europea permite aos Estados membros que opten por unha nova categoría de superficies de interese ecolóxico -ademais dos cultivos fixadores de nitróxeno e do barbeito- como son os barbeitos melíferos. Esta nova SIE debe cumprir as condicións xerais dos barbeitos computables para superficie de interese ecolóxico, pero ademais, de forma adicional, unha serie de requisitos particulares, que permitirán distinguir estes barbeitos melíferos do resto de barbeitos computables como SIE.

Neste sentido, o FEGA publica a listaxe de especies ricas en pole e néctar admitidas a nivel nacional. As especies elixibles que computarán como exixibles para que o barbeito sexa considerado como un barbeito para plantas melíferas, son as seguintes:

· Vicia sativa (Familia Leguminosas) / Nome común: veza

· Onobrychis hispánica (Familia Leguminosas) / Nome común: pimpirigallo

· Onobrychis viciefolia (Familia Leguminosas) / Nome común: esparceta

· Calendula arvensis (Familia Compostas) / Nome común: caléndula silvestre

· Coriandrum sativum (Familia Umbelíferas) / Nome común: cilantro

· Brassica napus (Familida Brassica ou Cruciferas) / Nome común: colza

· Diplotaxis virgata (Familida Brassica ou Cruciferas) / Nome común: mostaza amarela

· Sinapis alba (Familia Brassica ou Cruciferas) / Nome común: mostaza branca

· Silene vulgaris (familia Caryophyllaceae) / Nome común: colleja

· Salvia pratensis (Familia lamiaceae) / Nome común: salvia dos prados

En ningún caso, a ou as especies implantadas deberán constituír unha produción que normalmente poida ser cultivada, polo que non se poderán utilizar só aquelas especies que respondan á consideración dun cultivo apto para a dicir finalidade.

Chama a atención que non se inclúa a Brassica rapa var. Rapifera , ou nabo, estendida como abono verde de inverno en Galicia.

As Comunidades Autónomas poderán ampliar a lista de especies

Neste sentido, o FEGA precisa que a lista de especies elixibles no ámbito territorial de cada comunidade autónoma poderá ampliarse a decisión da autoridade competente, con outras especies melíferas adicionais para ter en conta as súas condicións particulares, que sexan autóctonas ou especies locais, sempre tendo en conta unha correcta selección en aras de fomentar aquelas especies propias do lugar, e que ademais de ter unha eficacia polinizadora, puidesen ser adxuvantes no control de malas herbas e pragas, evitándose en todo caso, aquelas de difícil control, ou que puidesen ser reservorios de axentes prexudiciais, e en particular as exóticas recoñecidas como invasoras.

En calquera caso, e á luz dos estudos científicos que se están levando a cabo por diferentes Organismos, sobre os posibles efectos prexudiciais para a saúde humana dalgunhas sustancias, como os alcaloides de pirrolicidina (PAs), non poderán ser especies elixibles, calquera dos xéneros: Borago spp., Echium spp., Heliotropum spp., e Senecio spp.

Por último, queda permitida a presenza doutras especies de carácter herbáceo, distinta das elixibles, cando estas últimas sexan predominantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información