Axudas de 600.000 euros polos danos no viñedo da Ribeira Sacra

A Xunta destinará 500.000 euros para compensar ós viticultores de Amandi afectados pola saraiba. Outros 100.000 euros adicaranse a arranxar camiños, muros e outras infraestruturas

Publicidade
Axudas de 600.000 euros polos danos no viñedo da Ribeira Sacra

Danos na Ribeira Sacra pola saraibada. / Imaxe: Asaja.

Os graves danos rexistrados este mes na Ribeira Sacra por unha forte saraibada levaron á Xunta a habilitar axudas para compensar as perdas dos viticultores afectados. A Administración destinará uns 500.000 euros a compensar ós produtores que non tiveran suscrita ningunha póliza de seguro, sendo a achega máxima por viticultor de 15.000 euros.

Asimesmo, adicará outros 100.000 euros para arranxar camiños, muros e outras infraestruturas relacionadas co cultivo da vide que tamén se viron afectados polo pedrisco. En canto ó balance de danos, a Administración calcula que a treboada arrasou cuns 400.000 quilos de uva e que hai 289 propietarios afectados.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comentou a situación tras o Consello da Xunta de onte: “O que fixemos foi unha avaliación inmediata da situación; trasladamos ao Goberno central a solicitude de declaración de zona afectada por emerxencias; solicitamos ao Ministerio de Facenda a redución dos módulos de estimación obxectiva para as explotacións das zonas que se viron afectadas; urxiuse a intervención do Agroseguro para aquelas persoas que si teñen póliza e levouse a cabo unha avaliación técnica para incluír a zona afectada nas axudas de restruturación e reconversión de viñedos”, sinalou o presidente da Xunta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información