Axenda para desfrutar dos produtos galegos esta fin de semana

Melide celebra a Feira Agroalimentaria de Galicia Manxares; no concello pontevedrés de Barro celebran IV Barro de Tapas e en Xunqueira de Ambía (Ourense) a II Feira de Artesanía

Axenda para desfrutar dos produtos galegos esta fin de semana

Mercado tradicional

A localidade coruñesa de Melide celebra esta fin de semana Manxares: Feira Agroalimentaria de Galicia, organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo en colaboración co Concello de Melide.

A feira abrirá o sábado ás 10:00 horas no Palacio de Congresos de Melide co obxectivo de “animar á xente a poñer na mesa no Nadal produto galego”, como queixos, embutidos, melindres, licores, viños espumosos, marmeladas, cogomelos, pan ou empanadas.

Ao longo das fin de semana haberá catas comentadas de queixo de Arzúa-Ulloa, Tenreira Galega e Ribeira Sacra; una actividade de maridaxe de doces tradicionais de Melide con augardentes e licores; e un obradoiro infantil para que os nenos sobre a orixe do leite, podendo incluso participar nun concurso de muxido manual da vaca Mazarica.

Consulta o programa completo nesta ligazón.

Barro de Tapas

No concello pontevedrés de Barro diversos establecementos hosteleiros celebran ata o domingo a IV edición de #BarrodeTapas, unha ruta gastronómica promovida pola Asociación Cultural “Amigos dá Fervenza da Barosa”.

Cada tapa custará 2,5 euros, cun prezo único e pechado para cada consumición: albariños da DO. Rías Baixas ou cervexa artesá de Barro. Nesta edición o público actuará como xuíz e elixirá a “mellor tapa polo xurado popular” e un xurado profesional, composto polos membros de Galicia Gastro, elixirá a “mellor tapa polo xurado profesional”.

O público que participe na ruta e complete a mesma, selando en 6 locais, participará no sorteo dunha cea para dúas persoas en calquera dos locais participantes da ruta, lotes de viños D.O. Rías Baixas das Adegas Tomada de Castro (Ribadumia), Adega Casaley (Barro), Adega Moraima (Barro) e Cabana das Bolboretas (Barro), packs de cervexa Saramagal e 6 vales de consumición nos locais participantes de 10 euros cada un.

Máis información sobre Barro de Tapas neste enlace.

E na localidade ourensá de Xunqueira de Ambía celebran o domingo a II Feira de Artesanía. Sería no claustro do Mosteiro de Santa María, en horario de 10:00 a 20:00 horas. Os expositores mostrarán diferentes produtos de madeira, coiro, gastronomía…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información