A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Aumento das exportacións españolas de maquinaria agropecuaria no 2019

As vendas ao exterior das empresas asociadas a Agragex medraron un 8,9% nos primeiros nove meses do ano. As empresas destacan a estabilidade do mercado europeo e o crecemento do africano

Aumento das exportacións españolas de maquinaria agropecuaria no 2019

Figan, feira de material gandeiro en Zaragoza. / Arquivo.

As exportacións españolas de maquinaria agropecuaria e de compoñentes aumentaron un un 8,9% nos primeiros nove meses do ano. Trátase duns datos considerados “moi bos” pola Asociación Española de Fabricantes de Maquinaria Agrícola e os seus Componentes (Agragex), que aglutina a firmas que traballan en sectores como o equipamento gandeiro, a maquinaria forestal, os invernadoiros ou os sistemas de rega. Entre as 108 empresas asociadas a Agragex, figuran as compañías galegas Internaco e Elmega.

A estabilidade dos mercados europeos, sobre todo o alemán e o francés, e o crecemento consistente do africano, principalmente Marruecos, e do sudamericano son as claves que impulsaron o crecemento das vendas ao exterior. En sentido contrario, comportáronse as exportacións a Asia.

Desde Agragex, sinalan que esperan que o 2019 conclúa cun valor de exportacións de maquinaria agrícola próximo ós 2.500 millóns de euros, dos que 1.300 corresponderán a Europa, 550 a África, 400 a América Latina, 120 a Asia e 25 a Oceanía.

Incertidumes
Con todo, pese ás positivas cifras, o escenario actual de mercado presenta numerosas incertidumes, segundo o director de Agragex, Jaime Hernani: “As empresas coinciden en que en setembro o mercado non arrancou trala parada do verán. O mercado está errático, o que podemos corroborrar despois da feira Agritechnica (Hannover, Alemania), onde as visitas foron menores, aínda que de calidade”.

Hernani alude a factores como a debilidade da economía alemá, o Brexit ou a guerra comercial China – Estados Unidos, “que xeran incertidume”.

Próxima campaña
Agragex prepara xa a folla de ruta para o 2020, que incluirá como gran evento as xornadas de compradores internacionais que se organizarán en Fima Zaragoza, en febreiro, ás que está prevista a asistencia de 70 importadores e distribuidores internacionais.

A asociación tamén confirma a súa presenza en feiras internacionais como as de París, Bolonia, Hannover, Amsterdam, México, Berlín, California, Cidade do Cabo ou Cidade Ho Chi Minh.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información