Aumenta a fabricación de queixos en España en detrimento do consumo de leite líquido

O volume de leite de vaca utilizado pola industria queixeira en España alcanza xa practicamente a envasada para consumo, segundo se desprende dun estudo realizado polo CETAL para calcular o Equivalente en Leite dos distintos produtos fabricados

Manuel Vázquez, del Cetal, en la sede del Ministerio junto a la subdirectora general de Productos Ganaderos, María Josefa Lueso, y la jefa de área de Leche y Productos Lácteos, Concepción Gafo, durante la presentación del informe

Manuel Vázquez, do Cetal, na sede do Ministerio xunto á subdirectora xeral de Productos Ganaderos, María Josefa Lueso, e á xefa de área de Leche y Productos Lácteos, Concepción Gafo, durante a presentación do informe

Un terzo da produción láctea española destínase xa a fabricar queixos, un volume que gañou terreo nos últimos anos e que está xa a piques de igualar a cantidade destinada a leite líquido para consumo, segundo o estudo Desenvolvemento dun sistema de cálculo de coeficientes Equivalente Leite para o vacún de leite, elaborado para o Ministerio de Agricultura polo Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL).

No últimos tres anos, a produción de queixos pasou de absorber o 29% do leite recollido nas explotacións españolas a supoñer xa o 33%. Eses catro puntos que gañaron os queixos na industria láctea en España foron en detrimento do leite líquido, que segue perdendo mercado. O leite envasado de consumo pasou de 2016 a 2018 do 37% ao 35% do volume total de produción da industria.

Aumenta lixeiramente a produción de manteiga e produtos elaborados a base de leite fermentada, por exemplo iogures, que utilizaron en 2018 o 9 e o 12% do leite total que entrou á industria respectivamente, mentres que tanto o leite en po e a nata perderon dous puntos porcentuais no últimos tres anos. No caso do leite en po, o descenso produciuse no leite en po enteiro, que en 2015 e 2016 absorbeu parte do exceso de produción durante a última crise de prezos.

grafico producion de leite e queixo 2016 2018

Estes datos sobre a evolución do sector transformador de leite de vaca en España forman parte dun traballo realizado polo Cetal para determinar un método unificado de cálculo para a cantidade de leite necesario para a elaboración dos diferentes produtos derivados. Trala presentación á Interprofesional Lácteo do estudo o pasado 11 de setembro, os representantes do sector vacún leiteiro solicitaron que o documento e a ferramenta de cálculo en formato Excel estiveran publicados na web do Ministerio, que acaba de incorporalos á súa páxina.

A información está xa dispoñible nesta ligazón, onde se inclúen distintos documentos que explican a metodoloxía empregada así como un conversor que permite calcular a equivalencia en leite dos distintos produtos lácteos en función das variables de calidade (graxa e proteína).

As exportacións de queixo medraron un 163% desde 2010

A balanza comercial de produtos lácteos española foi reducindo de maneira importante o diferencial existente entre as importacións e as exportacións tralo fin das cotas lácteas na UE. Se no 2011 exportábase por baixo de 400.000 toneladas e importábanse preto de 1.200.000, no ano 2018 as exportacións foron de 500.000 toneladas e as importacións non chegaron ás 800.000. No aumento das exportacións está a pesar o crecemento do mercado exterior de queixo, que desde 2010 a 2018 medrou un 163%.

As entregas totais de leite en España en 2018 foron de 8,1 millóns de toneladas: 7.117.700 corresponderon a leite de vaca, 513.745 a leite de ovella e 481.209 a leite de cabra

Con todo, segue entrando moito queixo de fóra a baixo prezo. Só nos últimos 3 anos España importou 866.000 toneladas de queixo (Edam, Gouda, Cheddar, Emmental e Havarti principalmente, procedentes de Alemaña, Francia e Holanda) a un prezo medio de entre 3,11 e 4,05 euros por quilo. Son países que usan o mercado exterior de queixo a baixo prezo como mecanismo para a regulación do seu mercado interno.

Cantidade de leite necesario para a fabricación dos distintos derivados

Si bien existen numerosas tablas, en ocasiones contradictorias, de coeficientes Equivalente Leche, resulta una práctica común la presentación de datos Equivalente Leche sin especificación de los coeficientes utilizados, o en su caso de la metodología seguida para su obtención. El estudio elaborado por el CETAL permite generar una tabla dinámica de Equivalentes Leche en base al Extracto Seco Útil (ESU) de la leche disponible para la industria en cada periodo mensual y ello en base a una metodología en la que cada tipología de producto lácteo tiene asignado un ESU resultante de la ponderación de las distintas subtipologías y sus cuotas de participación en el grupo.

Se ben existen numerosas táboas, en ocasións contraditorias, de coeficientes Equivalente Leite, resulta unha práctica común a presentación de datos Equivalente Leite sen especificación dos coeficientes utilizados, ou no seu caso da metodoloxía seguida para a súa obtención. O estudo elaborado polo CETAL permite xerar unha táboa dinámica de Equivalentes Leite en base ao Extrato Seco Útil (ESU) do leite dispoñible para a industria en cada periodo mensual en base a unha metodoloxía na que cada tipoloxía de produto lácteo ten asignado un ESU resultante da ponderación das distintas subtipoloxías e as súas cotas de participación no grupo.

O obxectivo do estudo elaborado polo CETAL e publicado polo Ministerio é a obtención dos coeficientes Equivalente Leite (EL) dos distintos produtos lácteos que integran o mercado lácteo, tanto de produtos dirixidos ao consumidor final como de produtos intermedios. Trátase de obter uns coeficientes aplicables sobre os volumes de produtos lácteos dos que existe información periódica dispoñible.

“Trátase de dar resposta ás necesidades do sector, podendo afirmar que a súa utilización xera unha imaxe fiel da realidade do sector lácteo de vacún en España e permite comparar e seguir a súa evolución tanto internamente como no contexto UE”, indica o Ministerio na súa páxina web.

Establécense tres niveis de aplicación, que permitirá un seguemento específico de distintos parámetros do mercado lácteo:
– Produción Industrial: Establecer comparacións coas producións industriais doutros países.
– Consumo no Fogar: Analizar a evolución do consumo no fogar respecto á produción de leite en España.
– Comercio Exterior: Estimar o consumo aparente de leite en España.

Método baseado no Estrato Seco Útil ( ESU) calculado mediante a suma das porcentaxes de graxa e proteína

O método de cálculo empregado polo CETAL está baseado no Estrato Seco Útil (ESU), resultante da suma da materia graxa e a materia proteica contida no leite, ao dispoñer en España de datos fiables con carácter mensual de ámbolos dous parámetros, utilizados nas analíticas do leite e o cálculo do prezo que obteñen os gandeiros.

Este índice, denominado Equivalente Leite (EL) diferénciase do coñecido como Rendemento Leite (RL) en que ten en conta para o cálculo os subproductos resultantes no proceso que poden ser usados como materia prima na fabricación doutro tipo de produtos, por exemplo o leite desnatado resultante no proceso de fabricación da manteiga.

Comparativa dos distintos produtos lácteos existentes no mercado

comparativa leite de consumo

O Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) encargou ao Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL) a elaboración dunha metodoloxía de cálculo que puidese ser utilizada polo conxunto do sector. Unha vez testada e verificada a súa capacidade de xerar unha imaxe fiel dos distintos parámetros do sector lácteo nos que sería de aplicación, o MAPA incorporouna ao seu sistema de cálculo de Equivalentes Leite nos seus informes mensuais: Informe de Conxuntura do Sector Vacún de Leite e Panel de Situación do Sector Lácteo en España.

O grao de autoabastecimiento do mercado español situouse en 2018 no 83,2% para o conxunto do ano, polo que a importación de leite e derivados en forma de iogures, manteiga ou queixos segue sendo necesaria para atender o consumo interno

A conversión dos produtos lácteos no seu Equivalente Leite resulta de gran utilidade para estimar o consumo aparente de leite de vaca en España, para ponderar adecuadamente a realidade da estrutura da produción industrial e para establecer análises comparadas coa contorna competitiva, así como establecer o balance comercial de produtos lácteos co resto de países europeos. Tamén é útil para valorar, na análise da cadea de valor do leite, a evolución dos índices de prezos na distribución en base ao conxunto de produtos lácteos.

Despois de analizar un total de 1.237 referencias existentes no mercado, das de 60 correspóndense con leite de consumo, 30 con nata, 43 con manteiga, 461 con distintos tipos de queixo e 274 con postres lácteos, o Cetal inclúe no seu traballo unha comparativa de calidades os distintos produtos lácteos existentes no mercado, centrado na porcentaxe de graxa e proteína no caso do leite envasado de consumo, a nata e a manteiga e que se amplía con parámetros como azucres, graxas saturadas e hidratos de carbono no caso dos iogures ou coa porcentaxe dos distintos tipos de leite (vaca, cabra e ovella) no caso dos queixos.

Leite Río conta cunha cota de mercado do 6% no conxunto do leite líquido envasado en España e a produción de Clun representa o 3%

No caso do leite líquido, inclúense tamén datos de consumo do ano 2016 que reflicten que o semidesnatado é o leite máis consumido en España (acapara o 45,9% do total do leite), seguido polo desnatado (29,2%) e o enteiro, o menos consumido (supón só unha cuarta parte do leite fabricado).

As empresas que envasan leite de marca branca para Mercadona ou outras cadeas de distribución (Lactiber, Iparlat ou Covap) alcanzan no seu conxunto o 25% da cota de mercado en cada un dos tres tipos de leite, seguidas de Lactalis (19%), Capsa (18%) e Leite Celta (12%). Das empresas galegas, Leite Río situaríase no 6%, un nivel similar ao de Pascual, e Clun no 3%, como a vasca Kaiku.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información