A Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia celebra xunta xeral este sábado

Publicidade
A Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia celebra xunta xeral este sábado

Plantación de oliveiras en Valdeorras

A xunta directiva da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (Apag) acordou convocar a xunta xeral ordinaria de socios que se celebrará na Estrada, o próximo sábado, día 11, ás 10:30 horas.

Para a súa inauguración, asistirá á mesma Don José López Campos, alcalde da Estrada, que exercerá de anfitrión.

APAG nace no ano 2015 co obxectivo de reunir nun mesmo organismo a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar técnicamente aos seus socios sobre o proceso do aceite de oliva dende a plantación ata a recollida da oliva. Nos seus dous primeiros anos de andaina, conta con 68 socios das catro provincias galegas que suman un total de 99.000 oliveiras, repartidas en 76 hectáreas.

Seguindo coas súas actividades e accións para a posta en valor do aceite e da aceituna galega, a asociación está moi centrada na obtención da denominación de orixe protexida “DOP Aceite e Aceituna de Galicia”. Con iso pretende diferenciar os aceites de oliva virxe extra galegos fronte a outros foráneos e que se os recoñeza no mercado pola súa contrastada calidade.

Así mesmo a asociación está a empezar a colaborar con distintas entidades públicas e privadas para o estudio e coidado do oliveiral galego e produción de aceite de calidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información