A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

As camas de area de sílice Q BED estarán presentes en Expo Ordes

As camas de area de sílice Q BED estarán presentes en Expo Ordes

Vacas descansando en camas de area Qbed

Erimsa logrou nun ano liderar con Q Bed o mercado galego de areas de sílice utilizadas para camas de gando vacún. Un equipo da compañía explicará durante a feira Expo Ordes, que se celebra este fin de semana, os beneficios deste innovador produto, baseado na investigación e o desenvolvemento que, polas súas características, constitúe un excelente material de recheo dos cubículos no estabulado libre.

O 61% das granxas galegas que usan o sistema de estabulación libre optan xa polas areas Q Bed para asegurar o descanso das súas vacas e aumentar a produtividade, unha porcentaxe que supera o 76% en áreas da Coruña e Lugo.

En 2015, ano de lanzamento de Q Bed, Erimsa alcanzou unha produción de 100.000 toneladas de areas de sílice nos seus centros de produción de Ladra (Lugo), Frades (A Coruña) e Bóveda del Río Almar (Salamanca).

As areas de sílice Q Bed garanten camas frescas, brandas e secas, que impiden a proliferación de microorganismos e axentes patóxenos causantes de infeccións e aseguran a calidade e o tempo de repouso que necesita o gando para alcanzar o seu máximo potencial produtivo.

As vacas deben estar deitadas entre 12 e 14 horas diarias

Os veterinarios recomendan que, como mínimo, as vacas produtoras permanezan deitadas, para durmir e rumiar, a metade do día (12-14 horas diarias). En caso contrario, a redución deste tempo tería repercusións negativas en aspectos como a saúde das patas, o desempeño reprodutivo dos animais, a calidade e produción do leite e a taxa de refugallo.

Para poder ter unha cama seca e facilitar o manexo do produto por parte do gandeiro, Erimsa clasifica minuciosamente a area e sométea a un rigoroso proceso de lavado que elimina todo contido de arxila e evita o seu apelmazamento. Posteriormente, a area permanece durante un tempo suficiente na planta antes de ser fornecida para reducir, mediante medios mecánicos específicos, a porcentaxe de humidade da mesma.

O resultado é un produto de partículas finas e redondeadas, que resulta suave e cómodo para a pel e as patas das vacas, garantindo unha superficie branda que se amolda ao corpo do animal e que está dotada de amortecemento para evitar danos ao levantarse e tombarse. Ademais, a súa capacidade drenante e rápido secado asegura que a cama permaneza sempre fresca e seca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *