Arzúa acolle este sábado a 31ª Mostra Galega de Apicultura

Publicidade
Arzúa acolle este sábado a 31ª Mostra Galega de Apicultura
Data inicio: 04/06/2016
Data fin: 04/06/2016
Lugar: AC-234, 3, 15819 Arzúa, La Coruña, España

Arzúa acolle este sábado a 31ª Mostra Galega de Apicultura, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), e centrada este ano na loita contra a Vespa Velutina e nas posibilidades que abre o apiturismo en Galicia.

Ademais, durante todo o día haberá feira de material na que exporán os seus produtos Macmel, Apícola Regueira, Angel Romero, Apícola Carballal e Jesús Vizcaya, ademais do material da cooperativa Erica Mel.

Programa: 

Pola mañá:

Ás 10 h. Apertura de instalacións
De 11 a 13 h. A situación actual da Vespa velutina nigrithorax en Galicia
Ás 11 h. Valoración dos primeiros resultados e próximas actuacións do programa Stop Velutina de AGA e Universidade de Vigo. Por Sandra Rojas, coordinadora do programa Stop Velutina.
Ás 11.30 h. Protocolo de actuación contra a avespa asiática. Por Lolo Andrade, entomólogo e investigador.
Ás 12 h. Presentación das Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 de setembro en Lugo. Por Xesús Feás, investigador da USC e coordinador das xornadas.
Ás 12.15 h. Mesa redonda: A loita contra a Vespa velutina en Galicia. Participan: Xesús Asorey, técnico e portavoz de AGA, Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, Sandra Rojas, coordinadora do programa Stop Velutina, Xesús Feás, coordinador Xornadas Internacionais e representantes das DAGAS.
Ás 13 h. Asemblea Xeral de Erica Mel.

Pola tarde:
Ás 16 h. Presentación do sistema antirroubo de colmeas “Centinela”. Por Biopyc.
Ás 16.15 h. Proxección de fotografías: “Historia de AGA” e “Viaxe a Eslovenia”
Ás 16.30 h. Innovación nos produtos apícolas: O apiturismo
Proxecto de apiturismo de AGA. Por Paula Souto, técnica de AGA.
As posibilidades do apiturismo en Galicia. Por Lisette Zewuster, xornalista e guía de apiturismo.
Erasmus+ no Courel, proxecto de promoción do apiturismo. Por Marcos Ferro, coordinador do proxecto.

Ás 17.30 h. Presentación de produtos e entrega do premio do concurso de produtos “A Pinga”

Durante todo o día: De 10 h. a 18 h. Feira de material apícola na nave de Erica Mel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *