Arranca en Viveiro a feira de produtos ecolóxicos Ágora Verde

O mercado prolóngase ata o sábado día 1 de setembro e conta con preto dunha vintena de produtores. Os tres días de feira haberá tamén obradoiros, concursos e demostracións culinarias

Publicidade
Arranca en Viveiro a feira de produtos ecolóxicos Ágora Verde

Inauguración en Viveiro da feira de produtos ecolóxicos.

Viveiro acolle ata este sábado día 1 de setembro a feira de produtos ecolóxicos Ágora Verde. O mercado celébrase nos xardíns de Noriega Varela e conta coa participación de preto dunha vintena de produtores que ofrecen os seus produtos naturais dende as 11.00 ata as 22.00 horas.

O mercado está organizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e conta co patrocinio da Deputación de Lugo (cunha aportación de 25.000 euros) e a colaboración do Concello de Viveiro. Precisamente, representantes destas tres entidades asistiron na maña de onte á inauguración da feira. Neste acto participaron o presidente do Craega, Francisco López Valladares, o vicepresidente da Deputación e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Esta proposta chega a Viveiro por primeira vez, logo de celebrarse noutros puntos como Sada ou Monforte. A iniciativa busca informar, concienciar e achegarlle á poboación os produtos ecolóxicos que se están a elaborar en Galicia. Dende o Craega apostan por este tipo de feiras, xa que fomentan a venta directa acercando os produtores ó consumidor. Tamén é unha boa oportunidade para coñecer os beneficios que esta produción en ecolóxico pode aportar tanto ó medio ambiente como ás persoas.

Actividades na feira

Na feira poderán degustarse unha ampla variedade de produtos certificados como marmeladas, froitas, hortalizas, plantas aromáticas, carne, viños e licores, conservas de peixe, mel ou lácteos.

Ademais, durante os tres días haberá obradoiros e xogos infantís así como concursos e demostracións culinarias. As actividades infantís estarán dirixidas pola animadora sociocultural Elena Gordo, do centro de ocio para nenos Garabatos, de Lugo. Nestas actividades, os cativos elaborarán murais relacionados coa agricultura ecolóxica e poderán aprender a cultivar un horto ecolóxico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información