Areeiro urxe a retirada de pólas secas dos carballos

A Estación Fitopatolóxica emite un aviso ó detectar ramas secas ateigadas de insectos e recomenda eliminar esas partes danadas da árbore

Areeiro urxe a retirada de pólas secas dos carballos

Carballo con pólas secas. // Imaxe: Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, emitiu un aviso extraordinario ao detectar ramas secas nas carballeiras e en carballos illados de toda a provincia. O persoal técnico constatou que as ramas máis expostas ao sol terminan secando e, ademais, están ateigadas de insectos. Por este motivo, desde Areeiro aconsellan retirar e eliminar canto antes as partes afectadas.

A técnica Rosa Pérez explica que durante esta primavera detectaron unha defoliación que afecta xeralmente ás pólas exteriores de moitos carballos. Constataron que antes de que a folla caia, murcha, secando sobre todo as pólas máis expostas ao sol.

Dado que estes síntomas se foron estendendo, e agora xa se localizan en zonas do centro e sueste da provincia, desde a estación tomaron mostras das ramas afectadas que están secas, detectando nelas galerías de insectos. Despois de analizalas, recomendan eliminar e destruír canto antes estas pólas para evitar que novos insectos emerxan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información