APROLEP celebra 10 anos preparando o futuro dos produtores de leite de Portugal

APROLEP celebra 10 anos preparando o futuro dos produtores de leite de Portugal

A APROLEP-Asociaçao dos Produtores de Leite de Portugal organizou este martes en Benavente, un xantar-debate onde participaron preto de 70 produtores de leite oriúndos de todo o territorio nacional e que contou coas intervencións de Pedro Pimentel, Director Xeral da Centromarca e David Gouveia, Director de Servizos de Competitividade do Gabinete de Planificación e Políticas do Ministerio de Agricultura de Portugal.

“Que futuro para o mercado de produtos lácteos?” foi o título para a presentación de Pedro Pimentel, quen destacou que “a pesar das oscilacións conxunturais, o futuro do sector lácteo a nivel global é prometedor”. “En Portugal rexistrouse unha baixada no consumo de leite UHT, pero unha suba no consumo de queixo, a pesar de aínda estar por debaixo da media comunitaria. A calidade nutricional do leite e dos lácteos é incuestionable, pero é preciso valorar a orixe e manter a notoriedade con apoio científico e unha comunicación enfocada», aconsellou Pedro Pimentel.

“A produción de leite na PAC despois de 2020” foi abordada por David Gouveia, que presentou o Plan Estratéxico da próxima Política Agrícola Común, en cuxos obxectivos se destacan «promover un sector agrícola intelixente, resiliente e diversificado asegurando a seguridade alimentaria e apoiando a protección do medioambiente e a loita contra o cambio climático, en consonancia cos obxectivos ambientais e climáticos da Unión Europea».

A nova PAC debe compensar polos servizos que os gandeiros prestan ao mediombiente

Neste sentido, a pesar de que a nova PAC aínda non está definida e de que a súa implementación non se prevé até o ano 2022, a APROLEP considera importante alertar da probable redución das axudas europeas aos produtores de leite. A este respecto, a asociación incide na que foi a súa posición de sempre: “os produtores non queren depender de subsidios compensatórios de crises permanentes, queren vivir do seu traballo a través dun prezo xusto do leite”. Por iso a APROLEP considera que as axudas ao investimento deben contribuír a unha produción máis eficiente, sustentable e adaptada ás necesidades do mercado, pero deben tamén ser pagados a través da PAC os servizos ambientais que os agricultores prestan, expresamente a fixación de carbono e todas as contribucións para a mitigación do cambio climático.

Este xantar-debate foi a primeiro encontro desta dimensión, con produtores, organizado pola APROLEP ao sur do río Texo e foi a primeira iniciativa para celebrar os 10 anos de existencia da Asociación, que asume como misión defender os intereses dos produtores de leite.

Para reforzar o funcionamento da APROLEP Carlos Neves asumiu o cargo de Secretario Xeral e José Augusto Ferreira pasará a formar parte da dirección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información