Ampliarase o prazo para presentar as licenzas dos plans de mellora

Unións Agrarias informa de que chegou a un acordo coa Consellería para tratar de que os atrancos derivados da nova Lei do Solo non dean ó traste cos investimentos das granxas

Ampliarase o prazo para presentar as licenzas dos plans de mellora

A Lei do Solo modifica o urbanismo no rural.

As explotacións que tiñan este ano solicitado un plan de mellora dispuñan en principio de prazo ata o 18 de setembro para presentar a correspondente licenza de obra municipal. Ese prazo finalmente ampliarase, segundo vén de anunciar Unións Agrarias, que mantivo reunións coa Consellería do Medio Rural para tratar de buscar unha solución ós atrancos urbanísticos derivados da nova Lei do Solo. Espérase que a Consellería publique a ampliación do prazo nos próximos días.

A nova Lei do Solo está a condicionar os investimentos previstos por parte das explotacións gandeiras, pois con arranxo á nova normativa, moitas granxas atópanse con que non poderían obter licenza de obra para executar proxectos de ampliación. O problema agrávase nas granxas que solicitaron a comezos de ano plans de mellora, pois a posterior aprobación da nova Lei impedía a execución de instalacións xa proxectadas.

Unións advirte da necesidade de modificar os proxectos nalgúns puntos e tamén cuestiona atrancos e indefinicións que presenta a Lei do Solo, que agarda que se cheguen a resolver a curto prazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información