Amio retoma o mercado de gando con 1.400 animais

Amio retoma o mercado de gando con 1.400 animais

Vacún maior, hoxe en Amio.

O mercado de gando de Amio retomou hoxe a súa tradicional feira dos mércores, tras máis de dous meses sen celebrarse, desde o pasado 11 de marzo. A afluencia de animais foi menor da habitual, pois entraron no recinto 1.439 reses, 459 menos que na última sesión que se celebrara. Esta baixada débese a tratarse do primeiro mercado tras o parón provocado polo coronavirus, polo que agárdase que as cifras de afluencia se vaian normalizando en próximas semanas.

Entraron no recinto 1.244 cabezas de vacún menor (282 menos que na sesión anterior), 99 de vacún mediano (105 menos) e 96 de vacún grande (72 menos).

Dado o carácter extraordinario do mercado, decidiuse que non se celebrasen as reunións habituais das mesas de prezos de gando. Normalmente desenvólvense a Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que marca referencias para o gando inscrito na IXP, e a Mesa de Gando de Abasto, que marca referencias para gando de recría, vacún maior e becerros de abasto. Espérase que a próxima semana si se celebren ambas mesas para actualizar as táboas de cotizacións das distintas categorías e calidades de gando.

A tendencia xeral de prezos no mercado de hoxe foi á baixa para todo tipo de gando (recría e abasto) por unha baixada notable da demanda, según sinalan desde o mercado. Onte en Silleda tamén se produciron notables caídas, sobre todo nos becerros de recría de cruce, que baixaron no entorno a un 20% en relación a como cotizaban antes do inicio da pandemia. Tamén se apreciaron baixadas no vacún maior e na recría de frisóns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información