Amio recupera a afluencia de gando e mantense sen variacións nos prezos

Amio recupera a afluencia de gando e mantense sen variacións nos prezos

O Mercado de Gando de Amio (Santiago), celebrado esta mañá, recuperou a afluencia habitual de gando logo de que na feira da semana pasada se rexistrara unha acusada baixada de animais debido ás dúas xornadas festivas.

Nesta sesión, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu manter os mesmos prezos da semana pasada para tódalas categorías e calidades desta carne.

O mesmo aconteceu co gando de abasto, onde tamén se acordou continuar coas mesmas cotizacións para as distintas clases de gando.

En canto á afluencia, nesta xornada contabilizáronse un total de 2.546 animais, 2.053 máis que na sesión do pasado 14 de agosto. Houbo 2.185 cabezas de vacún menor (1.935 máis que na sesión anterior), 219 de vacún mediano (100 máis que na sesión pasada) e 122 de vacún grande (11 máis que na feira anterior).

Máis información:

– Táboa de prezos de Amio (21-VIII-2019)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información