Alugueres a baixo prezo para a industria agroalimentaria e forestal

A Xunta ofrece chan nos parques industriais a un prezo anual de entre 32 céntimos e 1,31 euros por metro cadrado, cun primeiro ano sen pagar aluguer. Hai superficie dispoñible en 27 polígonos das 4 provincias

Alugueres a baixo prezo para a industria agroalimentaria e forestal

Reunión das conselleiras de Medio Rural e Infraestruturas con axentes do sector primario.

A Xunta de Galicia reservou 250.000 metros cadrados de solo industrial para alugarllo a baixo prezo a industrias do sector agroalimentario e forestal, segundo anunciaron onte a conselleira de Medio Ambiente e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Con esta medida, a Administración busca facilitar a posta en marcha de novos proxectos empresariais e a ampliación dos existentes, pois redúcense os riscos de investimento.

O acceso ó solo industrial producirase en réxime de dereito de superficie, é dicir, mediante un aluguer con dereito a compra. Os incentivos proxectados pola Xunta establecen prezos de entre 32 céntimos e 1,31 euros por metro cadrado, en función de cada parque empresarial. Non hai que pagar o alugueiro o primeiro ano e hai superficie dispoñible en 27 parques empresariais das catro provincias.

Por parte de Medio Rural, lémbrase que este ano se convocou unha liña de axudas para proxectos de transformación dotada de 14,3 millóns de euros. A esta convocatoria presentáronse proxectos que suman un investimento total de 155 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información