A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech centrará o seu encontro anual en melloras na cadea de subministración de alimentos

Alltech centrará o seu encontro anual en melloras na cadea de subministración de alimentos

Mark Lyons, president e CEO de Alltech, durante unha das súas ponencias en ONE: The Alltech Ideas Conference 2019.

A firma Alltech centrará este ano a súa conferencia anual en explorar as solucións innovadoras que se expoñen actualmente á cadea global de subministración de alimentos. ONE: The Alltech Ideas Conference celebrarase do 17 ao 19 de maio en Lexington, Kentucky (EE.UU.) e contará con expertos e líderes de opinión innovadores do ámbito da agricultura e gandaría, os negocios, a saúde, o benestar ou as destilerías e cervecerías.

“A ciencia, a tecnoloxía e o enxeño humano converxen en ONE”, manifestou o doutor Mark Lyons, presidente e CEO de Alltech. “Os temas de debate reflicten a extraordinaria oportunidade que ten o noso sector para adoptar novas ideas, para producir suficientes alimentos sans, seguros e nutritivos para todo o mundo e ao mesmo tempo, protexer o noso planeta”, concreta Lyons.

Cada ano esta conferencia reúne a máis de 3.000 persoas que representan a 70 país. Está previsto que nas xornadas de ONE se aborden máis de 40 temas que afectan a diferentes sectores. A continuación recollemos algunhas das temáticas que se tratarán no ámbito agrogandeiro:

Vacún de leite

-O benestar do gando leiteiro: esencial para os animais, os produtores e os consumidores.

-Sen antibióticos, sen problemas: afondamos na transformación das Holstein de Rosy – Lane.

-Como as prácticas de xestión dunha explotación leiteira poden reducir ao mínimo as coxeiras.

Vacún de carne

-Analizando o impacto: avaliando a pegada da pezuña do vacún no medio ambiente.

-O papel vital desempeñado pola gandaría na reversión do cambio climático e da desertificación.

-Con sol e con grandes oportunidades para o gando: as perspectivas do mercado agropecuario.

Porcino

-A Gran Disrupción: a peste porcina africana e o mercado global da proteína.

-O impacto dos minerais orgánicos e da tensión pola calor, na saúde.

-Que tendencias tecnolóxicas están a transformar a produción porcina?

Avicultura

-Máxima prioridade: a seguridade dos alimentos na avicultura.

-Desbancando á competencia: como facer crecer o seu negocio.

-Colocando en primeiro lugar o benestar das aves nun mundo de consumidores conscientes.

Agricultura

-O mundo debaixo dos nosos pés: A pluralidade que ten lugar nos nosos chans.

-Como os agricultores e os gandeiros están a mellorar a saúde humana por medio dos alimentos funcionais.

-Plan defensivo: utilizar os compostos beneficiosos para inducir resistencia nas plantas.

O futuro da produción dos alimentos

-Proxecto de retirada: traballando para reverter o cambio climático.

-A proteína sen carne: alternativa sustentable ou panacea procesada en exceso?

-E se se remunerase aos agricultores e aos gandeiros polo seu traballo contra o cambio climático?

Cervecerías e destilerías

-Cervecerías sustentables: pode a cervexa artesá facerse ecolóxica?

-A saturación do mercado: a cervexa artesá perderá presión?

-A tolemia do cóctel en lata.

Equinos

-A perspectiva dun criador sobre o futuro das carreiras de cabalos.

-Felicidade intestinal, cabalos sans: descifrando o microbioma equino a través da súa nutrición.

-Vía rápida ao éxito: adestrando aos cabalos para gañar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *