A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech adquire Ridley Inc. para consolidar o seu liderado mundial no sector da nutrición animal

A fusión xerará unha extensa oferta de nutrición animal para o sector pecuario e avícola de Norteamérica e de todo o mundo. A empresa resultante da fusión será líder mundial en sanidade e nutrición animal con ingresos anuais superiores aos 1600 millóns de dólares.

Alltech adquire Ridley Inc. para consolidar o seu liderado mundial no sector da nutrición animal

Ridley Inc está especializada na nutrición animal.

Alltech e Ridley Inc. (Bolsa de Toronto: RCL) (“Ridley”) anunciaron hoxe a firma dun preacordo de compra en virtude do cal Alltech adquirirá o cen por cento das accións en circulación de Ridley, unha das primeiras empresas de nutrición animal comercial de Norteamérica, por un valor de 40,75 dólares canadenses (CAD) por acción. A retribución total que percibirán os accionistas de Ridley rolda os 521 millóns de CAD.

“A fusión de Ridley e Alltech supoñerá para os produtores de carne, leite e ovos de todo o mundo o acceso ás mellores solucións nutricionais”, asegura Steven J. VanRoekel, presidente e director executivo de Ridley. “Alltech é o líder tecnolóxico indiscutible e conta cunha ampla pegada global, polo que esta unión de forzas será un excelente trampolín para crecer e ofrecer solucións comerciais que melloren a rendibilidade dos produtores. Unímonos, ademais”, a unha empresa economicamente forte que aposta” “polo investimento en ciencia e innovación para subministrar as solucións máis avanzadas en nutrición animal”. asegura.

A fusión dará lugar a unha empresa líder en nutrición animal presente en 128 países

Ridley é unha das maiores empresas de nutrición animal comercial de Norteamérica. Fabrica e comercializa unha completa gama de solucións para alimentación animal que inclúe pensos completos formulados, premesturas e correctores, suplementos para penso, suplementos en bloque, produtos de sanidade animal e ingredientes para penso. A clientela de Ridley abarca tanto a gandeiros coma a criadores de cabalos e mascotas. Os seus produtos comercialízanse por venda directa ou a través de canles de distribución.

A empresa resultante da fusión estará presente en máis de 128 países, cun equipo de 4200 empregados en todo o mundo. Alltech duplicou de sobra o volume de vendas nos últimos tres anos e prevé alcanzar os 4000 millóns de dólares estadounidenses nos próximos anos.

A operación resta pendente da aprobación da xunta de accionistas de Ridley, a revisión das autoridades reguladoras e as condicións de peche habituais. O peche da operación prevese para finais do segundo trimestre.

Alltech conta cun historial de éxito nas súas adquisicións, que suman un total de sete dende 2011.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información