Alertan de indicios de “black rot” nos viñedos de Valdeorras

Publicidade
Alertan de indicios de “black rot” nos viñedos de Valdeorras

Black Rot nunha folla de videira. Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras, a través do seu órgano de control, advirte aos viticultores de que, debido as condicións meteorolóxicas rexistradas nos últimos tempos, se constatan indicios de presenza de black rot na comarca.

“Previr e controlar este fungo é fundamental para que a colleita sexa boa”, sinala o presidente do organismo, José Luis García Pando. Por iso, dende o Consello Regulador se insta a todos os viticultores a estremar as precaucións e aplicar os tratamentos fitosanitarios pertinentes para facer fronte a este fungo, “un dos que máis dano causa na vide, xunto ao mildiu e o oídio”, tal e como enfatiza García Pando.

Máis información: Prevención e tratamento do black rot en viñedo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información