Un queixo galego elixido entre os 84 mellores do mundo

Un queixo galego elixido entre os 84 mellores do mundo

Queixo Tetilla de Queserías Sarrianas

O Queixo Tetilla DOP elaborado pola empresa lucense Queserías Sarrianas acaba de gañar a medalla Super Ouro no World Cheese Awards, o concurso de queixos máis relevante a nivel internacional que se celebrou este fin de semana na cidade italiana de Bérgamo.

En total, foron máis de tres mil oitocentos queixos de corenta e dous países distintos do mundo os presentados, batendo unha nova marca e soamente 84 mereceron o Super Ouro, entre eles este queixo galego. En total, foron douscentos sesenta os xuíces que se dedicaron a catar e valorar a calidade dos produtos presentados, cunha gran presenza gala e italiana, pero tamén española, irlandesa ou norteamericana.

Velaquí a listaxe de queixos galegos premiados:

-Super Ouro: Queso Tetilla DOP de Queserías Sarrianas SL.

-Ouro: Lía de Bisqato. Atelier Bisqato SL.

-Ouro: Queso Tetilla DOP. Queserías del Eume S.L.

-Ouro: O Mirador do Eume. Queserías del Eume S.L.

-Prata: Galmesano. Quesería Galmesano.

-Bronce: Arzúa Ulloa DOP Queixería Barral. Queixería Barral SLU.

-Bronce: Queixo Tetilla DOP Queixería Barral. Queixería Barral SLU.

-Bronce: Galmesano. Queixería Galmesano

-Bronce: Galmesano. Queixería Galmesano

-Bronce: Queso Tetilla Don Crisanto DOP. Queixería Don Crisanto SAT.

-Bronce: Ibérico 1949. Quesos Feijóo.

-Bronce: A Zoca. Queserías del Eume S.L.

-Bronce: Casleiras DOP San Simón da Costa. Queixería Casleiras SL.

-Bronce: San Simón da Costa DOP Don Crisanto. Queixería Don Crisanto SAT.

-Bronce: Marigold. Cortes de Muar (Mana Mente SL).

-Bronce: A Meixoeira Semicurado de Cabra. A Meixoeira Sociedade Cooperativa Galega.

Consulta aquí a listaxe completa de queixos premiados nos World Cheese Awards

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información