A distribución dispara as súas vendas de leite de marca branca a prezos cada vez menores

A distribución dispara as súas vendas de leite de marca branca a prezos cada vez menores

Oferta de leite de marca branca da cadea DIA

A gran distribución en España disparou nos últimos anos as súas vendas de leite de marca branca ou marca do distribuidor (MDD), cuns prezos medios que en 2018 situáronse en 0,58 céntimos o litro de venda ao consumidor e, o máis preocupante, con tendencia á baixa nos últimos 4 anos.

Así se recolle en distintos informes tanto de Nielsen-Homescan como de Alimarket, do Ministerio de Agricultura e Eurostat. Confírmase así o temor de gandeiros e da industria láctea de que a leite se segue utilizando pola gran distribución en España como un produto reclamo para atraer clientes, á conta de quitarlle marxes aos outros dous elos da cadea, banalizando o produto e dificultando que se invista en produtos lácteos de máis valor engadido.

Esta situación debilita especialmente a gandeiros e industria láctea en España xa que, a diferenza do resto da UE, onde o consumo de leite líquido rolda o 11% do total de produtos lácteos, no caso español o 49% de todo o leite que se produce destínase a leite de consumo-batidos, sendo o 38% do total o tradicional brick de leite UHT.

 O 63,6% de todo o leite UHT que se vende en España é de marca branca, cun prezo medio de 0,58 euros o litro

O problema agrávase, tal e como se reflicte no informe de Alimarket do ano 2016, porque o 58% do leite de consumo UHT é MDD. Unha cota da marca branca, que segundo outro informe de Nielsen RMS, non para de medrar e en 2018 subiu até o 63,6% de toda a venda de leite UHT.

Unha estratexia da distribución de potenciar a súa marca branca de leite que resulta negativa para gandeiros e industria xa que, mentres que o seu prezo medio de venda ao consumidor é de 0,64€/l. -e con tendencia á baixa, pois en 2018 foi de 0,58 euros litro-, no caso da marca propia da industria o prezo medio é de 0,80€/litro.

Prezos medios do leite líquido en España:

Fonte: Nielsen RMS

Fonte: Nielsen RMS

As grandes cadeas de distribución disparan as súas vendas de leite de marca branca
LEITE ESTADISTICAS

As grandes cadeas de distribución alimentaria de España dispararon as súas vendas de leite de marca branca nos últimos anos, a uns prezos medios de venda ao consumidor que, no caso do brick de leite UHT foi en 2018 de 0,58 euros o litro, segundo un informe de Nielsen RMS, e con tendencia á baixa desde o ano 2014 (0,60 euros o litro).

Así, en 2018 o 86,7% de todo o leite UHT que vendeu Mercadona, o primeiro xigante da distribución alimentaria de España, foi da súa marca branca. No caso de DIA esa porcentaxe é do 70,2%. O grupo Eroski tamén incrementou as súas vendas de leite MDD até o 45,9%, mentres que Carrefour sitúase no 44,1%.

O primeiro posto do ranking ocúpao LIDL: Case o 97% de todo o leite que vende a multinacional alemá en España é da súa marca branca. No caso de GADISA, ten unha cota de MDD do 43,9% e en Auchan Supermercados, o 35,9% das súas vendas de leite UHT en 2018 foron da súa marca branca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información