Agricultores e gandeiros beneficiarios das axudas para réximes de calidade

Agricultores e gandeiros beneficiarios das axudas para réximes de calidade

A maior parte dos beneficiarios corresponden á IXP Ternera Gallega

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ente dependente da Consellería do Medio Rural, da orde de axudas relativas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, financiadas a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020. En total 893 persoas beneficiaranse este ano destas achegas por un importe de 150.350 euros.

Estas achegas pretenden fomentar a integración de agricultores en selos de calidade que ten agora mesmo Galicia, favorecendo así o valor engadido dos seus produtos. A maior parte das comunicacións producíronse na IXP Ternera Gallega con 470 novos membros, seguidos da IXP Vaca e Boi de Galicia con 246 beneficiarios e a agricultura ecolóxica con 156 novos produtores inscritos no seu consello regulador, Craega. Ademais, a IXP Mel de Galicia contará con 20 novos inscritos no rexistro. Tamén se sumou un novo agricultor ao selo do viño de Valdeorras.

As actividade subvencionables dentro desta liña de achegas son os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do devandito réxime.

Así, a contía da axuda é do 100% dos gastos subvencionables, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de 5 anos.

Enlace á orde do DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información