Agricultores de Lugo asinan un acordo cun gran distribuidor para elaborar cremas vexetais

Publicidade
Agricultores de Lugo asinan un acordo cun gran distribuidor para elaborar cremas vexetais

Produtor da SAT Labregos de Lugo

A Sat Labregos de Lugo, formada por cinco explotacións agrícolas do norte da provincia, asinou un acordo con Frutas Nieves, un dos principais distribuidores de froitas en Galicia, para elaborar cremas e verduras vexetais.

En concreto, a empresa afincada en Vigo ten previsto elaborar a través da súa filial Galifresth produtos elaborados con froitas, verduras e hortalizas. Para asegurarse a subministración de verduras e hortalizas 100% galegas chegou a un acordo con Labregos de Lugo para comprarlles cabazas, calabacín, repolos e allos porros.

Ambas as partes acordaron a plantación programada de verduras e hortalizas que empregarán na elaboración das cremas Galifresh 100% naturais.

Desde Frutas Nieves destacan que “con este acordo asegúrase a máxima frescura, ao evitar intermediarios e acurtar o paso por cámaras frigoríficas, o que axudará a conservar todas as súas propiedades nutricionais e vitaminas”.

Os produtos de IV e V gama Galifresh, comercializados por Freshcut, están presentes nas canles de venda de diferentes empresas de distribución do territorio nacional.

Sat Labregos de Lugo: “O futuro para os agricultores é chegar a acordos directos coa distribución”

Pola súa banda, Xulio Rodríguez Bermúdez, presidente da SAT Labregos de Lugo, destaca que “somos provedores de Frutas Nieves desde hai anos e con este acordo potenciamos unha relación que consideramos moi positiva”.

E é que segundo este agricultor “o futuro pasa por chegar a acordos directos entre produtores e a gran distribución, que nos permitan ter unhas vendas e uns prezos asegurados e poder realizar nós unha programación de cultivos”.

A SAT Labregos de Lugo agrupa a 5 produtores de horta dos municipios de Riotorto, A Pontenova, Mondoñedo, O Corgo e Guntín. A media é dunhas 5 hectáreas de horta ao aire libre por agricultor, ás que hai que sumar 10 hectáreas de invernadoiro. “Non ten sentido plantar produtos perecedoiros, como son os de horta, sen ter asegurada unha venda e uns prezos que nos permitan vivir”, destaca Xulio Rodríguez.

Xulio Rodríguez: “Non ten sentido plantar horta sen ter asegurada a venda”

Pola súa banda, Frutas Nieves, que conta co apoio de XesGalicia, atópase desenvolvendo o seu plan de internacionalización en Latinoamérica, onde ultima a súa entrada en seis países deste continente: México, Chile, Cuba, República Dominicana, Panamá e Brasil. En Europa, exporta a Suecia, Francia e Portugal, e tamén está presente en Suíza tras a apertura dunha oficina comercial este ano para abarcar o mercado centroeuropeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información